Temas: DRON

Drones buscan a un octoxenario desaparecido en Castro Caldelas

O home falta da casa desde a tarde do pasado luns.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2017 | Actualizada ás 10:37

Comparte esta noticia

Drones da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) incorpóranse este mércores á busca do octoxenario desaparecido desde o luns no municipio ourensán de Castro Caldelas.

Un dron voando
Un dron voando

O home desaparecido, Ramon López González, de 89 anos de idade, vive na Eirexa, na parroquia de Alais, no municipio de Castro Caldelas.

Foi un fillo do octoxenario quen chamou ao servizo de emerxencias ás 23,00 horas do luns para indicar que non sabían nada do seu paradoiro desde que, sobre as 18,00 horas, o viran por última vez na zona da Eirexa.

O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 Galicia alertou enseguida á Guardia Civil, ao GES de Castro Caldelas e a Protección Civil. Na xornada do martes participou no operativo, entre outro persoal mobilizado, o Servizo Cinolóxico cun can de rastrexo.

Temas: DRON
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta