SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2017 | Actualizada ás 19:52 por EUROPA PRESS
Unha muller resultou ferida ao chocar dous turismos debido á sarabia na estrada que une Cerceda e Vizoño, á altura da parroquia de Folgoso, en Abegondo (A Coruña).
Segundo informou o CAE 112 Galicia, o accidente tivo lugar ás 14,15 horas e, debido ao impacto, un do dous turismo obstaculizou a circulación na vía.
Tras recibir o aviso, o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasou o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia 061, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Ordes e a Protección Civil do municipio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.