A Universidade de Santiago acolle o MegaFestival de Tuenti

A operadora móbil virtual realiza unha ruta polas universidades máis importantes de España para "estar presente naqueles espazos e momentos que gustan ao seu público".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/03/2017 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

A operadora móbil virtual (OMV) Tuenti chega á Universidade de Santiago. Durante os próximos 27 e 28 de marzo estará nese campus universitario concretamente na Praza Rodriguez Cadarso co MegaFestival, un espectáculo no que os mozos poderán sentirse como auténticas estrelas de rock. Para iso, Tuenti creou a Jumping Experience: unha actividade na que os universitarios poden experimentar as mesmas sensacións que os seus ídolos ao lanzarse desde o escenario que colocou a compañía.

Imaxe promocional do MegaFestival de Tuenti
Imaxe promocional do MegaFestival de Tuenti

Segundo informa a entidade organizadora, os participantes na Jumping Experience poderán conseguir contas Premium na plataforma musical Deezer e abonos para os principais festivais que van realizarse noutros lugares de España. Para acceder ao concurso, terán que subir previamente ás redes sociais o seu vídeo tirándose do escenario co hashtag #MegaFestivalTuenti.Tras o seu paso por Santiago, a xira continuará por campus de todo o país, ata pasar por 12 das universidades máis importantes de España.

"Esta iniciativa, responde á filosofía de Tuenti por estar presente naqueles espazos e momentos que gustan e interesan ao seu público, os mozos, para deste xeito, coñecer a súa realidade e inquietudes,  entendelos mellor, dialogar con eles e ofrecerlles o que realmente queren", indican.

Por iso, a operadora está a participar de forma moi activa en contornas relacionadas coa arte urbana, a universidade ou os festivais. De feito a compañía estará presente nalgúns dos principais festivais que se celebran durante o ano, como son Sonorama, Festival De Lles Arts, A Summer Story, Cabo de Prata, Low, Arenal Sound, ou GranadaSound. Festivais aos que terán posibilidade de acudir os participantes do MegaFestival da Universidade de Santiago.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

E isto, queridos amigos, é o que se fai na universidade...