Na procura da dignidade perdida

"Só buscamos dignidade". Quen así fala é María Rodiño, traballadora despedida do Seaga quen, desde hai meses, e co apoio dos case 2.300 traballadores despedidos desde a chegada do novo goberno, buscan solucións e respostas a súa situación.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 31/01/2010 | Actualizada ás 17:20

Comparte esta noticia

A Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, Seaga, foi creada en 2006 pola Consellería do Medio Rural, entón dirixida polo nacionalista Alfredo Suárez Canal. Precisamente, este pasado é o que esgrimen as novas autoridades da Xunta para desfacerse dela. "É un chiringuito do bipartito do que nós non somos responsables, nin nos interesa", díxolles en xuño pasado o secretario xeral da Consellería do Medio Rural, Jorge Atán. E desde entón non volveron saber máis nada da Xunta. As únicas informacións que chegan da consellería son en forma de cartas de despido.

O Seaga é unha sociedade pública da Xunta para a realización de todo tipo de actuacións, obras, traballos e prestación de servizos en materias forestais, especialmente as relacionadas coa prevención e loita contra os incendios forestais en particular e, en xeral, intervencións de carácter urxente relacionadas cos lumes forestais.

Só 200 traballadores

Desde a súa creación, o Seaga chegou a ter preto de 2.500 traballadores,dos que na actualidade só quedan 200. A maior parte deles, máis de 1.200 foron despedidos ao longo deste inverno. "Sen ningunha explicación. Chegaba a carta e fora", apunta María Rodiño. Moitos dos traballadores foron aos tribunais e a xustiza deulles a razón."Son despidos improcedentes e en moitos casos apostase pola reincorporación. O problema é que non sabemos onde reincorporarnos", aclara.

Os 200 traballadores que quedan son, principalmente, veterinarios e operadores-codificadores do centro de Información do Agro Galego, que se encargan de tramitar diferentes permisos, como os de tala ou queima. "E ata se están reducindo estes servizos ao mínimo". E é que a Xunta quere pechar definitivamente o Seaga o 31 de marzo, que é cando remata a encomenda, e entregarlle as chaves desta empresa a entidades privadas.

Actos simbólicos

"O PP non atende, a Xunta non responde e aquí ninguén nos dá unha explicación", di María. Por iso, a única vía que lles queda, ademáis da xudicial, é a parlamentaria. Acudiron ao BNG e ao PSOE para que sexan estes partidos os que lle pidan as explicacións oportunas ao Goberno na Cámara. "A ver se así responden".

E para que a súa "dignade" tampouco sexa esquencida comezaron a realizar mobilizacións simbólicas como a deste xoves en Santiago co peche simbólico da Porta Santa. "Só queremos que a Xunta nos reciba, non pedimos máis", asegura María.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

9 Portuguesa

Cada día decatome que co funcionariado que temos na Galiza , apaga e vamonos , iste sr.non sei como pode estar dando fe pública de nada, cando saeo alguén de SEAGA pidindo ser funcionario?, si algún esta na Consellería de Medio Rural , sera porqué haí unha cesión ilegal de traballadores?, verdade de quen será a culpa , pero isto soame moito a todas esas asistencias técnicas que meteron durante dazaseis anos e siguen metendo e que van consolidar na XUNTA , e non foi precisamente co BIPARTITO. ¿ Será o teu caso funcionario?

8 Portuguesa

O teu anónimo é para nota a parte de ser un funcionario preguiceiro e lacazan. Falas do que non sabes , a inmensa maioria do funcionariado da Xunta , entraron por pagar unhas taxas único requisito, "interinos" e moitos dos funcionarios durante 16 anos por ter un Rh-PP, que carallo me ves contando , en SEAGA non dubido que existira tamén esta vía de entrada , pero a maioria da xente que traballamos alí , fixemos unhas probas en CEFIASA de aptitude " para un traballo temporal , con encadenamento de contratos Fraudulentos , que devengaron en sentenzas de indifinición ,isto non e pedir ser persoal laboral nin Funcionario da Xunta que para eso xa estan os parasitos co tú, o único que pedimos é que reciban aos comités de empresa alguén da Consellería e nos explique que futuro ten a mesma , tendremos dereito ou só os privilexiados como tu tedes dereito de negociación colectiva. E deixa de escribir nos foros en horario laboral que así vaí a Función Pública.

7 anónimo

Toda esa teoría estilo Portuguesa está ben (hai que ler algunha intervención súa contra o funcionariado), pero cando toca tentar buscar acomodo e recuncar na Administración, e máis nos tempos que van, faise o que sexa. Unhas probas nunha academia de Compostela, "el summum de la función pública" "preparación a lo grande". Estuda si queres estabilidade, lagrán/a, que estabilidade e saber o que vai ser do seu futuro tamén o queren os do Cortinglés, de Citroen e do Banco X, non te **de.

6 Funcionario

Os/as Seagas (así se coñecen) queren conferterse en laborais fixos da Xunta sen facer un exame, hai que ter morro. E máis morro aínda para saír públicamente a dicilo. Moitos/as deles están a facer tarefas administrativas na consellería de Medio Rural, para xuntar probas e logo poder denunciar á Xunta. A estudar!!!!

5 VMS

Pero en qué quedamos? Desmontamos os chiriguitos ou non? Botamos fóra ós que entraron a dedo ou non? Pois amighos, as cousas teñen consecuencias. Que busquen traballo coma todos os demais.