Temas: DEREITOS RISGA

Denuncian que “a Xunta endurece a RISGA con instrucións opacas e restritivas”

A Oficina de Dereitos Sociais - Coia pon como exemplo o caso dunha muller á que a Xunta esixe que acredite que vive nunha vivenda independente á dos seus pais, malia que entregou un padrón municipal onde aparecía numeración diferente para cada vivenda.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 27/03/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Oficina de Dereitos Sociais - Coia, en Vigo, vén de denunciar que a Consellería de Política Social, que dirixe José Manuel Rey Varela, "continúa co seu acoso ás persoas máis empobrecidas, en concreto ás perceptoras da RISGA [a Renda de inclusión social de Galicia ]". En concreto, expoñen o caso dunha muller que a mediados de marzo recibiu un requirimento da Xunta no que se lle esixe que acredite que vive nunha vivenda independente á dos seus pais, malia que hai uns meses entregou un padrón municipal onde aparecía numeración diferente para cada vivenda.

José Manuel Rey Varela, conselleiro de Política Social
José Manuel Rey Varela, conselleiro de Política Social | Fonte: PPdeG

A muller vive coa súa filla nunha “caseta de obra” situada na mesma finca onde o fan os seus pais nunha casa independente á dela. Así o di o Concello, a través do padrón, onde teñen asignados números de portal distintos para cada vivenda —unha delas moi precaria— do terreo. Unha situación "clara e sinxela de entender" para a Oficina de Dereitos Sociais: "dúas familias que viven en fogares independentes na mesma finca".

"Na Xunta incluso teñen informes da traballadora social do Concello que certifican isto·, aclaran.

Porén, a Xunta, pídelle unha “certificación catastral e/ou recibo do IBI..., nos que figure unha referencia catastral distinta á vivenda dos pais”. De non facelo, terá que achegar “documentación referida aos seus pais e ao seu irmán”.

"Ela e nós ficamos estupefactos logo de ler esta petición. Tratamos de buscar respostas e as atopamos na Xunta, onde recoñecen que cumpren as ordes da Consellería chegadas en forma de instrucións (orais e de obrigado cumprimento). A indefensión absoluta!", denuncia a Oficina de Dereitos Sociais.

O 1 de xaneiro de 2014 entrou en vigor a lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia que modificaba a anterior da RISGA. Malia o dito na disposición derradeira da citada lei —“a Xunta de Galicia, nun prazo máximo de seis meses desde a publicación desta lei, elaborará as disposicións necesarias para o seu desenvolvemento e aplicación”, aínda non existe un decreto que a desenvolva. "Vivimos na «excepcionalidade», que a Xunta xestiona a golpe de instrucións opacas e restritivas, que marcan o camiño do que, cando lles pete, plasmarán no decreto", lamenta a Oficina de Dereitos Sociais, que engade: "Sen decreto, fican bloqueados os aspectos máis beneficiosos da norma: posta en marcha dos tramos de inserción e de transición ao emprego ou a suba das contías a percibir polo complemento de alugamento. Á indeterminación legal, hai que engadir unha escura e restritiva xestión da RISGA feita a golpe de instrucións. Semella que para a Feijóo e Rey Varela este é o mellor escenario para afondar nun modelo de xestión da miseria marcado polo asistencialismo e a privatización das necesidades básicas."

Temas: DEREITOS RISGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 El Marqués

O candidato do PP a alcaldía de Ferrol no 2019

2 anonimo5729

Está bien que la Xunta sea algo dura y tocapelotas con la RISGA; hay que evitar que se cuelen caraduras. Y estaría mejor que la Xunta dijese la verdad: si no quiere darla, al menos que lo diga y punto. Menos malo eso que crear problemas adicionales a quien ya tiene muchos.

1 Gamela

Se lles retiraran a eles as súas nóminas haberían de andar máis lixeiros... https://twitter.com/Gamela2017/stat...