Bueu resucita o programa

Xurxo Souto, reaparecerá en Beluso, Bueu, para dar renda solta ao programa que o catapultou na Radio Galega.

Por Xurxo Salgado | Bueu | 02/02/2010 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

O ex director de programas da RG foi convidado pola Asociación Mozas e Mozos de Beluso, co obxectivo de "re-abrir" o 'Aberto por Reformas', programa que mantivo en antena durante os ultimos anos, coincidindo co goberno do bipartito, e que promocionaba a música galega.

Este "programa simbólico" terá lugar o sábado 6 de febreiro na Casa do Pobo de Beluso e contará cos "disco-tasqueiros Vituco e Xurxo Souro" que serán os conductores dun programa en directo.

'Aberto por Reformas' foi suprimido da gralla de programación da RG o pasado xuño, substituído por un programa musical conducido por Xusto López Carril. Sen embargo, tamén este espacio foi substituído logo do verán por un novo programa de tarde dirixido por Miguel Túñez. Desde entón, algunhas voces do mundo da cultura teñen criticado a desaparición na RG de programas que promocionen aos autores e a música galega.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 un fan

O aberto por reformas era o mellor programa da Radio Galega. Chimparono e chiparon a un profesional coma a copa dun pino. Que da a radio agora de música galega?. Nada de nada. E entre os seus obxetivos non está precisamente o de difundir a cultura e a música galega?, poir a predicar co exemplo. Aberto por reformas á RG, XA!.