Os María Casares reivindican a interpretación nunha gala con 5 galardóns para ‘O tolleito de Inishmaan’

'Eroski Paraíso' obtivo os premios á mellor música orixinal, actriz protagonista, dirección e espectáculo.

Por E.P. | A CORUÑA | 30/03/2017 | Actualizada ás 09:33

Comparte esta noticia

A XXI edición dos premios María Casares reivindicaron a actividade teatral e o traballo de actores e actrices nunha gala na que 'O tolleito de Inishmaan' recibiu ata cinco galardóns e a produción de Chévere 'Eroski Paraíso' obtivo os premios a mellor música orixinal, mellor actriz protagonista, mellor dirección e mellor espectáculo.

Foto de Familia dos Premios María Casares 2017
Foto de Familia dos Premios María Casares 2017 | Fonte: Europa Press

Na gala, celebrada no Teatro Rosalía de Castro, e á que asistiron máis de 500 convidados, entre autoridades, profesionais do sector, asociados e xornalistas, un total de 13 espectáculos competían nas 14 categorías nas que se dividen os galardóns.

Ideada e conducida por Pepo Suevos, o espectáculo estivo centrado no humor e o desenfado e abordou a relación entre a administración e a cultura coa presenza no elenco de actores e actrices participantes de Roberto Leal, Alberto Rolán, Marta Lado, Patricia Torres, Silvana Sestelo e Josito Porto. Unha banda puxo, á súa vez, os ritmos cubanos.

PREMIADOS

Nesta edición, 'O tolleito de Inishmaan', de Contraproducións e Fiot Carballo obtivo os galardóns de mellor iluminación (Afonso Castro), mellor adaptación/tradución (Cándido Pazó, Santi Romay, Alberto Rodríguez, mellor actriz secundaria (María Roja), mellor actor secundario (Evaristo Calvo) e mellor actor protagonista (Santi Romay)

'Eroski Paraíso', de Chévere, con catro, obtivo os premios a mellor música orixinal (Terbutalina); mellor actriz protagonista (Patricia de Lorenzo); mellor dirección (Xron) e mellor espectáculo.

'Voaxa e Carmín', de ButacaZero e Eme2 resultou galardoado con mellor maquillaxe (Trini Silva) e mellor vestiario (Mari Seoane); 'Danza da choiva', de Elefante Elegante, recibiu o premio ao mellor espectáculo infantil; mentres que 'Foucellas', de Talía Teatro foi galardoado pola mellor escenografía, de Dani Trillo. 'Raclette', de Ibuprofeno Teatro, resultou premiada con mellor texto orixinal (Santiago Cortegoso).

CUMPRIMENTO DE CONVENIOS

No seu discurso, o presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Ernesto Chao, destacou a magnífica "colleita teatral" do ano pasado e aproveitou para reivindicar o "oficio de interpretar" tanto no teatro como no audiovisual, lembrando que ambos están regulados por senllos convenios.

"Cada vez que un intérprete rompe estes convenios, estanse infravalorando", sostivo. Tamén instou a dramaturgos e dramaturgas a que incorporen as mulleres á hora de facer o seu traballo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Perican

Despois de ver a gala de onte malamente vai ir a xente a velos, fan teatro que lle gusta tan soio a eles, non a o público en xeral

1 Quesi

Pois eu vou... e son público en xeral. Nada particular.