Un libro recolle os 50 anos da música galega

"50 Anos de Pop, Rock e Malditismo Na Música Galega" é o título de libro que o ferrolán Fernando Fernández Rego tirará do prelo da editorial noiesa Toxosoutos este vindeiro mes de abril.

Por Galicia Confidencial | Noia | 09/02/2010 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

Polo xornal colaborador Certo

    Fernando F. Rego é o administrador da web www.lafonoteca.net., unha potentísima base de datos sobre música española na que hai abondosa documentación tamén sobre a escena galega. Precisamente diso vai esta obra que se lanza en abril: o libro constitúe unha base de datos dos grupos imprescindibles da música galega dende os anos 60 do século pasado, coa súa biografía e discografía comentada. Nesa recopilación participan, ademais do autor, especialistas como Antonio de Los Cafres, Jesús Ordovás (o de Diario Pop), Emilio José, Xavier Valiño e outros.

   Sairá á venta cun dobre CD no que se inserirán cancións de Apeiro, Emilio José, Novedades Carminha, Triangulo de Amor Bizarro, Franc3s, Sevigny, The Homens, Quant, Roger de Flor, Niño y Pistola, Maryland, Igloo, Holywater e máis. O deseño do libro está feito por Pablo Portero, ao que xa coñecemos en Certo, e que tamén edita en Toxosoutos un libro en galego sobre o guión.

    Fernando Fernández Rego é licenciado en Química e profesor de ensino secundario. Dende hai uns anos é administrador da web musical La Fonoteca,  ademais de colaborar con distintos medios tanto dixitais como impresos. O seu campo de batalla tamén abarca á literatura e no 2009 publica a súa primeira novela Desorden (Ediciones Oblicuas), un tratado de existencialismo post punk no que Joy Division se encarga da banda sonora.  Un ano despois sae á luz este "50 Anos de Pop, Rock e Malditismo na Música Galega".

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

7 Bizarro

Eu xa teño unha copia, a verdade é que e un libro moi completo e o dobre CD está moi ben, un recopilatorio necesario...

6 lollipop

é o que pasa cando se fala dun tema por primeira ou segunda vez, que sempre hai algún broas que fode o asunto. O caso é que saian ou non grupos que canten en galego, galegos son todos os que saen, ou non é así? Moita sorte a Fernandez Rego por este volume, e noraboa a Pablo Portero pola portada. Se hai xente na Galiza que fai cousas interesantes, estes dous son dos que máis.

5 xurxo castro

Non sei se aparece Zenzar no libro ou non, mais as publicacións tipo catálogo sempre teñen ausencias, é lóxico que non esté todo todo, é imposible, mais se hai xente que prefire que saian grupos que cantan en galego antes que outros que cantan en inglés, lapón ou sueco, ou que non cantan, e só tocan...pois non sei, a verdade, onde imos chegar... Este é o espírito NAZI ONAL?

4 pop84

Home exceptico xuzgar sen que o libro este a venta e sen saber os contidos do libro é adiantar acontecementos. Pero bueno, evidentemente tanto Diplomáticos como outras moitas bandas bravú (Rastreros, Korosi Dansas, O Caimán do Río Tea, Yellow Pixoliñas...)aparecen no libro ( só hai que ver lafonoteca para velas), incluso se queres ler a reseña aquí a tes: http://lafonoteca.net/grupos/os-dip... Eu espero que estén moitas pero algunha faltará claro, ou non :)

3 exceptico

Pois tendo en conta que fernando F Rego na sua páxina que publicitades nin recolle a bandas coma Zënzar (5 discos en galego e en activo), Diplomáticos (varios discos e moita repercusión no público), non sei eu o que pode sair dese libro de riguroso...ademáis rodeado das "estrelas" de Radio 3 que sempre desprezaron a música en galego,,, Terei que lelo e logo despexar dudas