Ano e medio de cárcere para a dona dun local de empeños en Lugo e 5 meses para unha clienta por agredirse

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou á dona dun local de compravenda de ouro a un ano e seis meses de cárcere por dous delitos de lesións e a unha clienta a cinco meses por agredirse mutuamente con motivo do empeño dunhas xoias.

LUGO | 03/04/2017 | Actualizada ás 18:35 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou á dona dun local de compravenda de ouro a un ano e seis meses de cárcere por dous delitos de lesións e a unha clienta a cinco meses por agredirse mutuamente con motivo do empeño dunhas xoias.

Así o reflicte a sentenza, recollida por Europa Press, na que o tribunal impón á dona do local un ano e seis meses de prisión por dous delitos de lesións e á clienta procesada cinco meses.

Segundo o fallo xudicial, a dona do local de compravenda de ouro, M.E.O., foi condenada como autora dun delito de lesións a un ao de prisión e a seis meses por un delito de lesións imprudentes coa atenuante de reparación de dano.

Ademais foille imposto indemnizar á clienta procesada pola agresión mutua, María del Carmen R.P., na cantidade de 6.020 euros e ao Sergas con 399,94 euros, en ambos os casos cos intereses legais.

Mentres, a outra acusada, María del Carmen R.P., foi condenada como responsable dun delito de lesións ás persoas de cinco meses de prisión e a indemnizar ao Sergas na cantidade de 1.159,67 euros, cos intereses legais.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta