A revista Nature ve no ‘Brexit’ unha oportunidade para que o galego sexa lingua oficial da UE

GC xa publicou un estudo sobre as portas que se lle abren á nosa lingua nas institucións europeas coa saída de Reino Unido da Unión Europea. Agora, un editorial dunha das revistas científicas máis importantes do mundo coincide en que o galego ten unha oportunidade para ser incluído na lista de idiomas oficiais da UE.

Por Alberto Quian | Santiago de Compostela | 04/04/2017 | Actualizada ás 10:58

Comparte esta noticia

GC publicou hai dous meses un estudo que contempla a inclusión do galego na lista de idiomas oficiais da Unión Europea. Unha oportunidade para potenciar a nosa lingua que chegaría coa saída efectiva do Reino Unido da UE, unha vez se complete o chamado Brexit (o proceso de desconexión británico). Agora é a revista Nature —a máis prestixiosa das publicacións científicas no mundo, xunto con Science— a que apunta á posibilidade de que o galego sexa recoñecido como lngua oficial das institucións europeas.

Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua
Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua | Fonte: queremosgalego.com

O tema non é menor. De feito, Nature lévao ao seu editorial deste luns 3 de abril. Titulado 'Europe must find a new home for its drug regulator — and a way to keep using English', os editores da revista científica apuntan ao mesmo estudo publicado por GC para poñer o foco sobre a oportunidade que se lle abre á lingua galega co Brexit. No subtítulo, xa apuntan: "O Brexit está obrigando ás axencias a reubicar as súas oficinas centrais e aos Estados membros, a repensar a elección do idioma".

Segundo o estudo asinado por investigadores da Université Libre de Bruxelas, a Universidad Pablo de Olavide de Sevilla e a Southern Methodist University e New Economic School de Moscú, a clave téñena Irlanda e Malta, países onde o inglés é lingua cooficial pero que elixiron o gaélico e o maltés como idioma oficial na UE porque a lingua inglesa xa estaba representada grazas a Reino Unido. Agora, coa saída británica, o inglés xa non terá representación na UE e debería deixar de ser lingua oficial, xa que só Londres solicitou legalmente o seu recoñecemento. Pero se Irlanda e Malta decidisen defender a oficialidade do inglés, outras linguas cooficiais noutros Estados, como o galego, o éuscaro e o catalán, poderían reivindicar tamén a oficialidade que até o de agora se lles negou na Administración europea.

Como lembra Nature no seu editorial, "con arranxo ás normas da UE, cada Estado membro só pode introducir unha das súas linguas nacionais recoñecidas no sistema da UE. Isto garante, por exemplo, traducións de documentos e decisións".

"Varios funcionarios da UE xa deixaron claro que non se permitirá saír a lingua inglesa da UE xunto cos seus principais oradores no continente", apunta Nature no seu editorial, no que predí un "posible caos" administrativo se, "por exemplo, se espera que a Axencia Europea do Medicamento, de fala inglesa, traballe con documentos en todos os idiomas agás o inglés". Hai que lembrar que esta axencia europea se atopa actualmente en Londres, cidade que deberá abandonar para ser reubicada noutro Estado membro.

Así as cousas, Nature considera que "o mecanismo político para asegurar un futuro para o inglés" na UE "é discutido e pouco claro".

CATRO VÍAS

A revista recupera neste punto o artigo 'Ranking Languages in the European Union: Before and After Brexit' —asinado por Victor Ginsburgh, Juan D. Moreno Ternero e Shlomo Weber—, que vén de ser publicado no European Economic Review e que foi recollido antes por GC. Segundo este documento, lembra Nature, "existen tres vías posibles".

"A primeira é que o Consello Europeo vote para manter o inglés, mesmo sen un nomeamento oficial dun Estado membro. Isto requiriría a aprobación de Alemaña e Francia, e este último, especialmente, podería estar especialmente pouco disposto a ofrecelo. Moitos estudosos franceses seguen sendo intelixentes ante o aumento do dominio inglesés nos eidos intelectuais", recolle Nature..

"Outra opción é o permiso especial para que Irlanda ou Malta designen un segundo idioma oficial. Pero iso aumentaría a presión doutros países e rexións para que tamén se aceptasen linguas adicionais", incluída Galicia. É neste punto onde Nature abre ás portas á lingua galega, seguindo as hipóteses de Ginsburgh, Moreno e Weber: "Máis de tres millóns de persoas en España falan galego, e máis de seis millóns falan catalán, máis que as de Irlanda e Malta xuntas", argúen os editores de Nature para xustificar a inclusión da nosa lingua na lista de idiomas oficiais da UE.

Con todo, "a solución máis sinxela podería ser simplemente pedir a Irlanda ou Malta que elixan o inglés como lingua oficial", pero como ben apuntan os editores de Nature, os seus respectivos gobernos poderían enfrontarse a unha gran oposición dos seus cidadáns, que defenderían a presenza do maltés e do gaélico.

Porén, Nature abre outra hipótese, unha cuarta vía: a UE podería ofrecer a un destes dous países a sede da Axencia Europea do Medicamento a cambio de optar polo idioma inglés. Un intercambio de cromos que podería pechar a porta ao galego se non hai unha reacción dende o Goberno español e a Xunta.

En 2005, a UE aprobou que o catalán, o galego e o éuscaro se poidan utilizar no Parlamento Europeo, o Comité das Rexións e no Consello de Ministros europeo, pero rexeitou a aspiración do Goberno español de lograr que eses idiomas obtivesen o estatuto de linguas oficiais europeas. A resolución comunitaria tamén permitiu que os cidadáns de Galicia, Cataluña e Euskadi poidan dirixirse nas tres linguas cooficiais en España ás institucións europeas e obter a resposta no mesmo idioma. O acordo foi adoptado polo Consello de Ministros de Asuntos Xerais da UE en Luxemburgo. Porén, a aspiración última é que a lingua galega pase a formar parte da lista de idiomas oficiais da UE. Malta e Irlanda teñen a chave.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

4 Merucu Xusticieru

Bufffff y Nostrus (antes, Blas de Lezo) son el mismo elemento.

3 Españolistas dades noxo

Igualdade de dereitos entre castelanfalantes e galegofalantes? Non lle interesa ao estado español, para terminar connosco só precisa unha cousa: a imposición do castelán a todos os cidadáns e a discriminación dos galegofalantes, legal e social. No fondo é obvia a intención: Facer a todos españois via a imposición lingüística: nacionalismo identitario, violento. Plantexan construír a nación española sobre a destrucción dos pobos de España. Delirante.

2 Bufffff

Moito carto ten o nacionalismo pq co que lles encantan os argumentos d suposta autoridade esto apesta a nacionalismo. Hai uns días cunha tese, evidentemente na q o seu autor ou director veu a Dios e agora con esta trapallada. Hai anos se dicía q poñendo cartos se podía orientar un editorial dun diario independente q saía polas mañáns. Tamén se dicía q noutro medio coñecido no mundo mundial, podíase escribir o editorial.

1 teutonio

Está claro que Nature, a ULB, a Universidad Pablo de Olavide de Sevilla a Southern Methodist University e a New Economic School de Moscú están controladas por nacionalistas periféricos, como a propia Comisión Europea. Daste conta do ridículo que fas con este comentario?, entendes algo de como traballan as revistas científicas ou dos criterios pra realizar un traballo académico?. Viaxa máis pailán e cura esa ignorancia e supremacismo!

2 DNBu

¿E se fose certo o que dis terías que usar palabras grosas e intelixentes argumentos persoais...? ¿A endogamia non existe na universidade española? ¿Hai oposicións a cátedra ou se valoran os sexenios? ¿A quen queres enganar, se ti mesmo botándote á lama daslle a razón a Bufffff? O galego, como a memoria histórica é un negocio do que viven catro falabaratos, e empregan todo tipo de estratexias para seguir vivindo do conto cando é unha evidencia que a sociedade o abandona.

3 teutonio

Existe, e?, vasme negar o prestixio da Universidade Libre de Bruxelas ouda revista Nature?, estasme a contar que calquera falabarato pode escribir un artigo académico e que llo publiquen en Nature? vivo eu do galego?, todos os que defendemos a igualdade de dereitos e obligacións, a desaparición de prexuízos e unha política proactiva que protexa e promova o uso do galego somos chupóns falabaratos?, vou ter que empregar unha linguaxe educada con un supremacista que continuamente despreza a miña lingua e aos seus falantes?.

4 nostrus

teutotnio..., unha relixion, unha lingua, unha moeda, un modo de munguir as vacas, ¿quen ten mais direitos?, ¿ten que haber tantas revistas adicadas aos homosexuales como aos heterosexuales?, ¿os que defendemos o bilingüismo somos facistas?,

5 teutonio

nostrus meu, busca outro pasatempo, a fórmula túa das comparacións absurdas e as frases sen sentido xa aburre.

1 teutonio

????, pra mudar o rexime lingüístico da UE fai falta o consenso entre os 27, polo que non vai cambiar, aínda que RU marche e Eire e Malta escollan cadansúa lingua propia. Por outra banda a gran maioría dos funcionarios europeos emprega o inglés, e boa parte deles, especialmente cidadáns de estados do leste non dominan nin o francés nin o alemán como terceira lingua polo que rexeitar o inglés suporía un grave problema na practica. O único cambio que pode suceder nos próximos anos é a inclusión do turco se o proceso de reunificación de Chipre avanza.