Cuíña: "eu son absolutamente fiel ao PPdeG"

Rafael Cuíña, fillo do ex conselleiro Xosé Cuíña, asegura que se manterá "fiel" ao seu partido de "toda a vida" a pesares de ter fichado polo Igea, que preside Anxo Quintana.

Por Xurxo Salgado | Lalín | 13/02/2010 | Actualizada ás 11:25

Comparte esta noticia

Nunha conversa con GC, este destacado militante popular de Lalín quere deixar moi claro que, a pesar da súa incorporación no Instituto Galego de Estudios Europeos e Autonómicos  (Igea), manterase "absolutamente fiel" ao PPdeG. "O meu proxecto segue sendo o do Partido Popular", asegura. E para que quede claro bota man dos sentimentos; "prometinlle ao meu pai en vida, cando estaba cabreado con algunhas cousas, que me ía manter fiel ao partido e así será, cando menso, agora".

None

"Eu quero impulsar o galeguismo en Galicia", asegura Cuiña para explicar o seu ingreso neste organismo que segundo el "non ten ningún carácter político".  Así, compara a súa presencia neste órgano coa de outros dirixentes políticos como Miguel Barros, histórico dirixente socialista en Vigo e conselleiro delegado de A Nosa Terra, hoxe afastado da política. "No Igea hai diferentes persoas de diferentes terreos políticos", apunta.

"Facer país"

Con todo, é consciente que a súa incorporación ao que algúns coñecen como o "chiringuito" de Quintana pode non ser ben entendido. Por iso aclara que quere axudar a "construir país" e suliña que se se lle tivera plantexado como un proxecto do BNG "non entraría".

"Plantexoumo Anxo Quintana, a quen llo agradezo, e me dixo que é un grupo de pensamento galeguista e non só do BNG. A min interesoume porque trátase de facer país e decidín entrar sempre e cando quede claro que istonon é algo político", insiste.

"Pero sabe que isto vai ser interpretado en clave política?", insistimos. "Quen faga iso o fai por descoñecemento", resposta e repite que no Igea hai xente do PSOE, como Miguel Barros ou Daniel Barata, do Consello de Contas de Galicia. "Somos diferentes persoas de diferentes terreos políticos". E volve insistir que o seu proxecto político está no PPdeG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

14 militante pp

que bífidos ni que ocho cuartos. Habrá alguno contaminando pero lo cierto es que el que este señor cambie de chaqueta no es para admirar, digo yo. Y por muy fiel al partido que se declara no deja de ser un cambiachaquetas por mucho que a algunos les fastidie, aunque yo pienso que el que lo defiende es el mismo con otros nombres. Así que Rafael Cuiña, alias hijo de José Cuiña, good bye, aunque tu con tu galleguismo seguro que no sabes ni inglés

13 Militante PP

Insulta a todo el que no sea nacionalista? Se ve que ya está aquí la escoria bífida pululando Bravo Cuiña

12 Manolo

Este elemento miente más que habla. Insulta a todo el que no sea nacionalista, habla maravillas de Quintana, defiende que Galicia es una nación y ahora se las da de fiel al PP. Que risa, me recuerda la fidelidad de algunos golfos a su novia. Supongo que de vez en cuando le entrará el canguelo solo de pensar como le puede ir a su emporio heredado sin la "ayuda" de la administración. Coherencia por favor, funda un partido con tu amigo Anxo y veremos si sacas más de media docena de votos.

11 Carachi

Cuiña é o meu puto ídolo

10 manantialdejade

Na Galiza fai falla un partido de dereitas ( o PP non é galego nen de dereitas , e da ultradereita) ; xente como Cuiña , Baltar Jr. . .poden gustar ou non , pero son necesarios para construir un pais con base galeguista (prefiron que metan para as suas carteiras , que lle regalen o país ás empresas de Madrid) . Partido galeguista e dereitas XA

1 volvebreogan

home eu o Barltar Jr. como lle chamas non o quero nin ver en pintura...e non co compares có señor Cuíña porque son o día e a noite.

2 Pipo

Entérate bien. Rafael Cuiña mostró su apoyo público a José Manuel Baltar para presidir el PP de Orense a principios de este año. Así que son lo mismo.