Cuíña: "eu son absolutamente fiel ao PPdeG"

Rafael Cuíña, fillo do ex conselleiro Xosé Cuíña, asegura que se manterá "fiel" ao seu partido de "toda a vida" a pesares de ter fichado polo Igea, que preside Anxo Quintana.

Por Xurxo Salgado | Lalín | 13/02/2010 | Actualizada ás 11:25

Comparte esta noticia

Nunha conversa con GC, este destacado militante popular de Lalín quere deixar moi claro que, a pesar da súa incorporación no Instituto Galego de Estudios Europeos e Autonómicos  (Igea), manterase "absolutamente fiel" ao PPdeG. "O meu proxecto segue sendo o do Partido Popular", asegura. E para que quede claro bota man dos sentimentos; "prometinlle ao meu pai en vida, cando estaba cabreado con algunhas cousas, que me ía manter fiel ao partido e así será, cando menso, agora".

None

"Eu quero impulsar o galeguismo en Galicia", asegura Cuiña para explicar o seu ingreso neste organismo que segundo el "non ten ningún carácter político".  Así, compara a súa presencia neste órgano coa de outros dirixentes políticos como Miguel Barros, histórico dirixente socialista en Vigo e conselleiro delegado de A Nosa Terra, hoxe afastado da política. "No Igea hai diferentes persoas de diferentes terreos políticos", apunta.

"Facer país"

Con todo, é consciente que a súa incorporación ao que algúns coñecen como o "chiringuito" de Quintana pode non ser ben entendido. Por iso aclara que quere axudar a "construir país" e suliña que se se lle tivera plantexado como un proxecto do BNG "non entraría".

"Plantexoumo Anxo Quintana, a quen llo agradezo, e me dixo que é un grupo de pensamento galeguista e non só do BNG. A min interesoume porque trátase de facer país e decidín entrar sempre e cando quede claro que istonon é algo político", insiste.

"Pero sabe que isto vai ser interpretado en clave política?", insistimos. "Quen faga iso o fai por descoñecemento", resposta e repite que no Igea hai xente do PSOE, como Miguel Barros ou Daniel Barata, do Consello de Contas de Galicia. "Somos diferentes persoas de diferentes terreos políticos". E volve insistir que o seu proxecto político está no PPdeG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

4 Perto

Admiro a Cuiña como galleguista porque nos da entrada en un electorado moderado seguramente temeroso de la radicalidad de gente como Louzán o Negreira

3 Lucho

Muy interesante la figura de Cuiña hijo, espero que su fidelidade se transforme en apuesta firme por el galleguismo que tanto queremos en Galicia. Me alegra que diga que es fiel, porque los elementos más extremistas del PP le tienen el ojo encima por valiente, sino miren los comentarios inolerantes que algunos le dedican, aunque también loas importantes de sectores más moderados.

2 Jose

Vendido. Eres un vendido cuíña. Ahora resulta que te pasas al enemigo y aún tienes los cojones de decir que eres Fiel al PP. Será la fidelidad de los chaqueteros. Mejor que te vayas que en el PP de pontevedra no pintas nada

1 Cito

Os do PP se fosen intelixentes aproveitarían a este home antes que se converta nun inimigo dos fodidos, pero pedirlle intelixencia ó PP, é moito pedir do noso señor