Que pasa en En Marea?

A formación que lidera Luís Villares está dividida. Por un lado, unha fronte ampla de mareas e colectivos e, pola outra, formacións de corte clásico. Pero, na raíz do problema subsiste un problema de liderato e de orientación deste amplo movemento político.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 05/04/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

En Marea está dividida e, case á metade. Pero é difícil de entender –e máis de explicar-- como a formación chamada a marcar un tempo político en Galicia se atopa nesta situación cun líder cuestionado, unha coordinadora na que non quixo estar un sector importante e cos principais rexedores das mareas no bando contrario ao do líder deste conglomerado de formacións políticas.

Vista xeral do auditorio na celebración da Marea Constituínte en Vigo
Vista xeral do auditorio na celebración da Marea Constituínte en Vigo | Fonte: Marea Atlántica.

Pero, para entender este quebracabezas hai que ir por partes. E a primeira parte comeza cando o sector que agora está enfrontado ao actual líder da formación, Luís Villares, foi o que o presentou e o defendeu como candidato á Xunta. Pero que pasou para que se dera un xiro de 180º nestas posturas iniciais?.

Para iso hai que ir á segunda parte; aquela na que Villares comezou a exercer como líder parlamentario e comezou a configurar un grupo propio de xente. Foi entón cando comezaron as diverxencias con algunhas grandes mareas, principalmente, coa Marea Atlántica e con distintas formacións políticas, nomeadamente, Anova e EU. Unhas diferencias que se acrecentaron pola intención de Villares de presentarse como coordinador de En Marea, en contra da posición de moitos dos socios que o defenderan desde o primeiro momento.

Foi entón cando se tentou chegar a consensos dentro do colectivo Máis Alá que foi o que obtivo o 55% dos votos na pasada asemblea de Anova, un colectivo formado por xente moi variada pero nucleado en torno á Marea Atlántica, Anova e un sector menor de Podemos e Esquerda Unida, que, ademais, contaba coa presenza de xente do Foro Galego e outras mareas menores.

Luís Villares, respaldado por outras listas

E de aí pásase á terceira fase, que é a actual, na que, Luís Villares é o actual coordinador de En Marea pero co respaldo, sobre todo, das outras dúas listas que saíron desa asemblea, e que non eran a súa; Queremos Participar e Somos Quen. E como se chegou a esa situación?

Luís Villares, Davide Rodríguez e Xosé Manuel Beiras nun mitin
Luís Villares, Davide Rodríguez e Xosé Manuel Beiras nun mitin | Fonte: En Marea

Hai semanas que dentro de Máis Alá se discute a fórmula para chegar a un consenso dentro da coordinadora, sobre todo, no relativo a evitar que Villares asumira o liderato da coordinadora de En Marea e a portavocía na Cámara. Unha cuestión na que coincidían tanto o propio Villares, como o histórico dirixente nacionalista, Xosé Manuel Beiras. Sen embargo, ese punto, xunto co da proporcionalidade na lista final, supuxo un atranco definitivo.

As relacións entre Villares e unha parte da súa lista co resto da candidatura eran prácticamente nulas desde hai semanas. De feito, un sector importante de Máis Alá acusa a Villares de estar detrás da presentación da candidatura de Somos Quen, con xente de Anova. “Unha táctica para tentar forzar cambios dentro da permanente desta lista”, apuntan a GC fontes consultadas. 

Unha afirmación que negan rotundamente desde o sector de Villares. “O que pasa é que hai un sector de En Marea que quere impoñer as decisións manu militari”, suliñan. Unha clara alusión a un sector concreto de Anova e da Marea Atlántica. 

Duras negociacións

E con estas divisións chegouse ao pasado venres no que afins a Villares presentaron un documento e unha proposta de lista (pódese consultar no GC Plus). Nesa proposta a porcentaxe era sete para Máis Alá, tres para Queremos Participar e un para Somos Quen. Parecía que ía haber acordo pero, finalmente, non foi así. A Marea Atlántica foi rotunda na súa negativa a que Villares asumira a portavocía de En Marea.

Nin tan sequera a mediación de Xosé Manuel Beiras, segundo as fontes consultadas, serviu para cambiar o choque de trens. “Beiras tentou convencer á nova direccion de Anova para que apoiaran a proposta de Villares, pero sen conseguilo”, suliñan.

Así que se chegou ao sábado con outra proposta enriba da mesa. Villares tería proposto outra nova lista de sete nomes de Máis Alá coa presenza de Iago Martínez, da Marea Atlántica; Rafa Dopico, de Anova e Noemía Prados, de Esquerda Unida. Pero tampouco foi aceptada esta proposta. “Ao final, o problema era que nin tan sequera querían que fora unha lista proporcional como recollen os propios estatutos”, engaden fontes afíns a Villares. “A cuestión é que Luís viña xa cunha proposta pechada e incumprindo os acordos previos de Máis Alá”, apuntan desde o outro sector.

En todo caso, e logo dun longo debate, o pasado domingo, un sector de Máis Alá decidiu non participar dunha lista de consenso. Nese sector está a Marea Atlántica, Ourense en Común, Esquerda Unida e parte de Anova e de Podemos --sector errejonista--. Outra parte de Podemos –afín a Carmen Santos-- e de Anova –a que lidera Davide Rodríguez--, así como xente do Foro Galego, de Cerna e representantes de mareas locais de cidades e vilas apoiaron a candidatura de Villares.

A partir de agora ábrese outro novo capítulo neste longo desencontro, un capítulo que xa comezaron algúns alcaldes, nomeadamente o da Coruña. Xulio Ferreiro adveritu que a elección da coordinadora de En Marea "rompe unha lista de consenso e confluencia", ademais de excluír "sensibilidades maioritarias”.  Un claro aviso de que hai un sector que non acepta a esa nova coordinadora e que seguirá dando batalla.

Martiño Noriega e Xulio Ferreiro
Martiño Noriega e Xulio Ferreiro
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 61 comentarios

20 mareanovaeucernapodem

A culpa é da UPG!!!!!

19 eue

Pois o diputado canario apoia a Rajoy e verdade, pero leva 400 millons, se cadra con ese diñeiro son 400 mozos menos que teñen que emigrar, iso e facer política, ir ao parlamento a dicir o guays que somos e o ruins que son os ppepeiros e cobrar por iso e ir pintar a mona

1 Ana

Con xente coma ti governará sempre o PP, os conseguidores. E de facelo os "progres" seguirán o método dos vendidos. Que noxo de blocallada. Dádeslle a razón os caciques, vendédesvos barato, case regalado.

2 Galego

O BNG consegueu un investimento de máis de 2000 millóns de euros nun ano do goberno ZP, ademáis de promover e apoiar puntualmente as mellores medidas socias da historia de este estado (ley de dependencia, rede de garderías, memoria histórica, medidas de igualdade, aumento do salario base, protección do traballador...) mentras a Marea iba a mudalo todo con máis do dobre de votos e a oportunidade e promesa de grupo parlamentario propio galego que non cumpriron.

3 Ana

E agora o PNV vai "conseguir" calderilla e que siga gobernando o Partido Podre! Vivan os conseguidores! E vivan os do Bloque de dereitas que aplauden aos conseguidores! Cando se confunde xustiza na distribución dos recursos con negocio de feira medran os conseguidores! Uns fenómenos os conseguidores do Bloque! Por iso lle vai tan ben ao PP!

4 Kollontai luguesa

Cara Ana vos non sodes conscientes do voso poder para mobilizar votos....para o PP claro. Ese argumento teu de que minifundio ideoloxico das Mareas e. Que vos dan argumentarios porque repetides todo o mesmo e cada vez sodes menos cribles.

5 Galego coma ti

Datos: cando o BNG apiou a ZP Galiza levou o 8 por cento do orzamento estatal (nos presentados hoxe un 11 por cento). As tansferencias baixaron ate a nulidade co BNG no bipartito e ZP en Madrid, apoiado polo BNG (hoxe, co PP, seguen na nulidade). Agora podedes seguir contando trolas, vendendo fume ou dicindo que todos os que criticamos as ridiculas conquistas do BNG somos das Mareas de Podemos. Para os que defenden politicas clientelares e conseguidores, mesmo pensan que eran progres os seus antepasados por loitar contra o frances, pouco hai que tratar... Son carcas e non o saben! Pobriñ@s!

6 Galego

Iso mismo que dices "galego coma ti" foi o argumento mentireiro de Feijóo hoxe xa vemos con quen estás, de verdade que no houbo transferencias ???? Comprobao anda e daraste conta de que Feijóo minte. O único ano que se lle otorgou o 8% a Galiza no se incluían grandes partidas do ave q se comen case todo o orzamento, mesmo así nunca baixaron de 1000 millóns no peor dos casos e , hoxe en día temos o saco sen fondo do ave polo que se debe esixir máis.

18 Pepe mareado

Na En Marea pasa que xa non pasa nada do que se dixo, prometeu...unidade popular de abaixo a arriba, a voz dos sen voz, radicalidade democrática, para mudalo todo....e agora temos a Mario e a Chelo na cúpula dirixindo o partido instrumental de partidos...veña oh! ide a paseo...e a facer política nas cafeterías...como fixestes sempre Mario. O que digan os inscritos e o que aprobou a xente en Vigo...davos polo saco. Pois...así é como vai a En Marea, cara o naufraxio.

17 Compostelan

Isto pasa sempre que hai elección nun partido. Os que perden berran. A min dame igual quen goberna pero que abran asembleas xa. A anterior coordinadora non fixo nada para que haxa asembleas. Se estos me dan participación teranme gañado

1 Picheleira

Compostelán? E logo Compostela Aberta parece-che pouco para participar? O que hai que ler, por favor

2 Anano Cabrón

Non houbo anterior Coordinadora, que non lles deu tempo. Carallo, que presas.

16 Kollontai luguesa

Sempre poden ir a algo tipo Operación Triunfo ou mesmo ao programa ese do Piñeiro na TVG a cantar. https://www.youtube.com/watch?v=ahI... De verdade, pero coma puidestes votar a esta xente... E que miras o vídeo e enténdelo todo. Non amigos, non busquemos conspiracións upegallas con conexións extraterrestres nos problemas. A clave está no vídeo... Que cousas!!! A letra, a letra... A letra é a clave!

1 Kollontai luguesa

Se é que xa na canción había diferenzas significativas: https://www.youtube.com/watch?v=q35... Con nós, nun mesmo corazón. Temos esperanza, forza e paixón para tentar tirar para adiante e cando ladran é que a caravana avanza. Hai que comezar unha e mil veces. Tentaron acabar co nacionalismo galego e seguirán a tentalo. Teñen poderosos amigos mediáticos aos que non lle interesa a existencia deste; pero nós temos a forza do noso amor e do noso coraxe... E non ha de ser tan inútil.