Uli Jon Roth, exguitarrista dos Scorpions, chega á Coruña da man do SON Estrella Galicia

Uli Jon Roth, guitarrista da banda Scorpions entre 1973 e 1978, ofrecerá esta semana un concerto na Coruña dentro do festival SON Estrella Galicia. En concreto, a cita será o vindeiro venres, día 14, ás 22,00 horas, no Le Club Directo.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2017 | Actualizada ás 11:14 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Uli Jon Roth, guitarrista da banda Scorpions entre 1973 e 1978, ofrecerá esta semana un concerto na Coruña dentro do festival SON Estrella Galicia. En concreto, a cita será o vindeiro venres, día 14, ás 22,00 horas, no Le Club Directo.

Uli Jon Roth, exguitarrista de Scorpions, acutará en abril na Coruña
Uli Jon Roth, exguitarrista de Scorpions, acutará en abril na Coruña | Fonte: Europa Press

Segundo apuntou a organización, aos seus 62 anos, Uli Jon Roth é unha das grandes figuras do rock "máis veneradas". Durante a súa etapa como guitarra solista en Scorpions gravou cinco álbums, entre os que se destaca 'Tokyo Tapes', publicado en 1978 e que supuxo un traballo de referencia no xénero. Xusto nese ano o guitarrista decidiu comezar a súa carreira en solitario, fundando a banda Electric Sun.

En 2016, Roth presentou 'Tokyo Tapes Revisited - Liv In Japan', un disco tributo ao traballo orixinal que gravou cos Scorpions en 1978 antes da súa marcha.

Na súa VIII edición, SON Estrella Galicia mantén a súa aposta pola música alternativa, que mestura estilos diversos, fusiona xéneros e crea tendencia sen esquecer aos clásicos. Un ciclo anual que vai contar con máis de 150 concertos en 16 cidades repartidas ao longo do territorio nacional e tamén con directos alén do charco, en Brasil.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta