Os nacionalistas vascos esquécense de pedir que se recoñeza a "nación galega"

O PNV pide ao Estado recoñecer a existencia da "nación vasca e catalá" e "habilitar procesos que partan do recoñecemento da soberanía de cada nación".

Por Galicia Confidencial | Bilbo | 16/04/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O PNV, un dos grandes partidos nacionalistas do Estado, esqueceuse das reclamacións nacionalistas de Galicia. Durante a presentación dos actos do Aberri Eguna --nos que ten participado o BNG-, esta formación instou ao Estado español a recoñecer as "nacións vasca e catalá", pero non a "nación galega".

"O Estado español debe asumir a existencia no seu actual seo de Catalunya e de Euskadi como nacións e recoñecelas como tal, se non quere manter un conflito político permanente", sinalou o PNV, partido que tivo grandes relacións co BNG que ten asistido, precisamente, a numersoso Aberri Eguna.

Para iso o PNV, expón "habilitar procesos democráticos de legitimación de suxeitos políticos e xurídicos, como Catalunya e Euskadi, que partan do recoñecemento da soberanía de cada nación, do respecto a tratarse en pé de igualdade e a fomentar a colaboración e coordinación baseadas na equidade, a solidariedade e a liberdade de cada un".

"Actualizar o autogoberno"

Este domingo ten lugar a celebración do Aberri Eguna, na Praza Nova de Bilbao, baixo a lema 'Lehen, orain eta beti, Aberriz!' ('Antes, agora e sempre, Patria!'). Entre os obxectivos de lexislatura vasca están "actualizar o autogoberno" sobre o eixo dos dereitos dos vascos como pobo, e fixar o status da súa relación coas institucións do Estado.

Para esta formación, a celebración do Aberri Eguna é compartida por quen pertencen a "unha nación entroncada a ambos os dous lados dos Pireneos", que reivindican "o dereito a decidir libre e democraticamente o seu futuro en igualdade de condicións co resto dos pobos e nacións do mundo". E lembrou que "a Euskadi de 2017 segue estando dacabalo de dous Estados -Francia e España- e reagrupada en tres realidades político-administrativas", en referencia á Comunidade Autónoma Vasca, Navarra e o país vasco francés.

O acto político do Aberri Eguna do domingo comezará ás 11.30 horas e contará coas intervencións do lehendakari, Iñigo Urkullu, e do presidente do EBB, Andoni Ortuzar, tras o cal organizouse unha comida para unhas 1.100 persoas no Arenal.

Un acto da antiga CiU, PNV e BNG nos mellores tempos do Galeusca
Un acto da antiga CiU, PNV e BNG nos mellores tempos do Galeusca

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

13 Bufffff

El nacionalismo, desde sus orígenes, siempre fue un bluf. Se concibió para lograr la autonomía que iba a dar colocación muy bien remunerada a los militantes del PG. Siempre fue una mera corriente filosófica, ultraminoritaria, int€r€$ada por lo que podía tener de ascensor social. Recuerdo que para aprobar el estatuto del 36 tuvieron que dar un pucherazo escandaloso. De este decía Jaime Quintanilla, hijo, que participó en el fraude, que no lo superó Fraga ni en el referendo de los XXV años de paz. Recuerdo asimismo que en el referendo de autonomía del 81 participó poco más de un 20% del censo. Galicia siempre fue y será de forma natural española ¿Qué otra cosa podríamos ser?

1 Antinostrus

Podiamos ser Vendidos e Lambe Q´s Españois coma ti...baixando así un chanzo mais na escada da evolución e Recupedrando, definitivamente, ao Elo Perdido........o Minoritario PG con capacidade de dar un "pucheirazo"....anda xa!!!. para Demócratas os teus pais Putativos do 18 de xullo do 1936....miserabel Bastardo!!.

12 Kollontai luguesa

E loxico xa que a maioria dos galegos semellan non pensar que esta exista. A culpa non e do PNV... Preguntadelle a quen se empeñou en acabar co nacionalismo galego de quen e a culpa.

11 Galegus

Mais o menos a mesma postura racista de sempre dos do PNV. Que risa daban os incautos galegos de Galeuska de BNG y CXG. "Los malos bizkainos… han degenerado hasta el punto de parecer gallegos» (Sabino Arana, en el artículo «Ellos y nosotros», en Bizkaitarra, n° 25, de 24-IV-1895

10 Xonc

Beiras, Pujol e Arzalluz xuntos. O amado líder da Marea da man da dereita peninsular e dos que hoxe renegan de Galicia http://www.labolsa.com/foro/1074361...

1 Sesees

Renegaron sempre

2 Bng españois

Aí Beiras era Portavoz Nacional do Bloque Nacionalista Galego, fronte liderada pola Unión do Povo Galego, verdadeira artífice do pacto coa dereita vasca e catalá. De nada.

9 Brais

Xa virán tempos mellores... Ademáis explícalle ti, todo isto, a unha poboación totalmente envellecida (que non coñece outra cousa). Os menores de 45 anos apenas votan Pp. Haberá que agardar 10 ou 12 anos a que vaia habendo un relevo xeracional.

1 Sesees

Cantos coñecin na miña mocedade que votaban e se afiliaban a partidos comunistas trosquistas maoistas nacionalistas e agora votan Pp. A vida vai cambiado a mentalidade e a forma se vela