SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2017 | Actualizada ás 12:58 por EUROPA PRESS
Dúas persoas, un home de 66 anos e unha muller de 55, faleceron este martes nun accidente de tráfico rexistrado no municipio coruñés de Curtis.
Segundo informaron a Europa Press fontes de emerxencias, o suceso tivo lugar sobre as 11,20 horas na localidade de Teixeiro, onde chocaron unha furgoneta, na que viaxaban as vítimas mortais, contra un camión, cuxo condutor resultou ferido leve.
Ata a zona desprazáronse efectivos da Garda Civil para regular o tráfico, así como o helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.