Por X.M. Barreiro | Lugo | 09/03/2010
O recurso ante o Tribunal Constitucional da lei de caixas, que foi impulsada por unanimidade do Parlamento galego e aprobada por dous terzos da cámara (non hai que esquecelo), era unha cortina de fume, unha excusa para gañar tempo e seguir a poñer atrancos á alianza entre Caixa Galicia e Caixanova, que as levaría a convertirse na quinta entidade financieira do Estado. A estrataxema responde exclusivamente ós intereses do PSOE e pode incluso que a súa orixe esté nalgún ministerio, non precisamente da área económica, con clara vinculación con Galicia.
O espectáculo dantesco de hai uns días, cando o Goberno central unilateralmente decidiu cancelar unha das xuntanzas previstas, incumplido as máis mínimas regras de decoro e educación social, pero sobre todo vulnerando o respeto que debe imperar nas relacións entre institucións, é incalificable e, sobre todo, inaceptable. Idénticos calificativos merece o feito de que algún alcalde que concurriu baixo as siglas do PSOE dispuxera de información privilexiada e fixera ostentanción dela antes incluso de que lle fora comunicada os responsables da propia institución agraviada.
O executivo que lidera Núñez Feijoo representa a Galicia, a todos os galegos, en definitiva, e o desplante do Goberno central denota, por tanto, unha total falla de respeto a Galicia e a todos os galegos.
Revela asimesmo, agora xa con absoluta nitidez, que Rodríguez Zapatero e os seus ministros non queren chegar a ningún acordo, que só anhelan sacar rédito político bloqueando as lexítimas aspiracións de Galicia de seguir a ter presenza destacada no mapa financieiro español. Sen esquecer tampouco que o seu proceder atenta contra a propia autonomía de Galicia.
Os socialistas non tiñan argumentos xurídicos para seguir a xustificar a presentación dun recurso de inconstitucionalidade. Foi unha decisión arbitraria e os feitos así o demostran. Non había tampouco vontade negociadora, porque si a houbera, ese recurso non se tería presentado antes incluso do inicio das conversas.
Non hai que obviar tampouco os variables e contrapostos discursos dos socialistas sobre este asunto. É imposible estar na misa e replicar e, máis pronto que tarde, Zapatero e o PSOE terán que responder das consecuencias que a súa irresponsabilidade está a provocar.