Chat desde o Parlamento

O deputado Pedro Puy mantivo hoxe un chat mentres se desenvolvía o Pleno do Parlamento. Un feito que criticaron numerosos usuarios das redes sociais.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 10/03/2010 | Actualizada ás 14:47

Comparte esta noticia

A páxina web do PPdeG coordinou hoxe un chat co deputado Pedro Puy, encargado da área económica do G.P. Popular. Este tipo de accións virais son comúns entre os partidos políticos pero, neste caso, Puy Fraga ausentouse da Cámara para participar nesta iniciativa que comezou ás 11.30.

None

Precisamente, este feito fixo que algúns dos participantes, como o blogguer socialista Blas García lle chamau a atención por non estar exercendo a súa labor de deputado. "Estou, nestes momentos, seguindo o pleno desde o meu despacho no Parlamento. E o labor do deputado comprende tamén o estar en permanente contacto coa cidadanía, que é o que estou tratando de facer nestos momentos, ao tempo que sigo o transcurso dun Pleno, no que como vostede sabe se tratan moitos temas durante os dous días nos que se desenvolve, o que permite aos deputados de todos os grupos atender a todas as súas tarefas", respondeu o parlamentario popular.

Pouco despois, os usuarios socialistas das redes sociais daban conta deste feito criticando que Puy se adique a falar en chats cando hai un pleno.  O propio deputado, pouco despois da pregunta de Blas García finalizaba o chat e dicía; "Moitas Gracias a todos. Confésome: este foi o primeiro chat da miña vida, e sempre se recorda a primeira vez como algo especial. Volvo correndo ao Pleno, para tranquilidade de Blas García. Aburiño".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Blas García

Independentemente de quen sexa o Deputado ou Deputada, e do grupo político ao que pertenza, eu creo que hai horas ao día, e días ás semana ... para que poidan chatear. Cando se atopan no Parlamento cumprindo coa súa labor -e pola que ademais cobran- deben de estar dedicados a iso en exclusiva. E polo menos que teñan un pouco de respecto, e non sexan tan caraduras de facelo dun xeito tan descarado e con tanta "jeta", dándolle publicidade e diante dos ollos de todo o mundo. E encima tomándose eso a cachondeo, e pensando que o resto somos parvos. Saúdos

3 non é pa tanto

A ver, non sexamos puristas. Non me digades a min que os deputados do PSOE e do Bloque están sempre nos escanos. Moitas veces andan dun lado para outro e algúns só van cando hai que votar. O de Puy Fraga é unha cantada pero a maior parte dos deputados non están ou pasan o tempo mirando revistas ou páxinas en internet.

2 Enfin

Este hombre no sabe que tiene 362 dias para estar con el pueblo, lo que tiene que hacer es atender su trabajo, que tanto el como sus compañeros y jefe incluido, lo tienen bastante desatendido. Ponganse a trabajar que llevamos un año y nada de nada.

1 Pablo Balseiro

O primeiro chat da miña vida... Será dende o Parlamento! Hai que ter ben pouca vergonza. O labor do deputado é estar en permanente contacto coa cidadanía... jajaja, en horas de Parlamento. Ao mellor foi un chat insconsciente, como os castelanismos toponímicos de Varela. Estes parlamentarios non teñen caradura: o seu xa é outro nivel, entre o cemento armado e o titanio.