Temas: ESTRADAS XERMADE

Centos de persoas maniféstanse en Xermade para esixir o arranxo da estrada LU-170

PSOE, PP e BNG coinciden en esixir á Xunta que tome nota das queixas dos veciños e actúe.

Por E.P. | Xermade | 22/04/2017 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

Centos de persoas maniféstanse en Xermade (Lugo) para esixir á Xunta o arranxo da estrada autonómica LU-170, entre Cabreiros e Momán. O alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, cualificou de éxito a convocatoria que se realizou desde o Concello para esixir ao Goberno galego este arranxo.

Manifestación en Xermade para esixir á Xunta o arranxo da LU-170
Manifestación en Xermade para esixir á Xunta o arranxo da LU-170 | Fonte: Europa Press

Neste acto participaron tamén, tal e como indicou o PSOE de Lugo, os grupos do PP e o BNG, con representación neste municipio.

"Esta estrada, ademais de ser perigosa, ten paralizado o polígono industrial da localidade, xa que os transportes especiais non poden acceder ao mesmo, dificultando así o desenvolvemento de Xermade", explicou o alcalde.

Así mesmo, emprazou á Xunta a tomar nota desta manifestación: "Os veciños de Xermade queremos ser escoitados dunha vez, queremos ser cidadáns de primeira".

Temas: ESTRADAS XERMADE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta