Cuiña pídelles aos galeguistas que "saian das sombras"

Rafael Cuíña é o primeiro destacado militante popular que se opón publicamente ao decreto do ensino do galego e pide aos seus compañeiros que fagan o mesmo. Non é o único cargo popular descontento coa norma; hai concelleiros e alcaldes contrarios a súa aplicación, algúns calan e outros poderían amosar o seu rexeitamento en votacións municipais.

Por Xurxo Salgado | Lalín | 16/03/2010 | Actualizada ás 00:14

Comparte esta noticia

O fillo do ex conselleiro e un histórico do PP, Xosé Cuíña, insta aos compañeiros de partido que estean en desacordo co novo decreto de ensino do galego a que amosen o seu malestar e que "saian das sombras". "Chegou o momento que dende as entrañas do partido máis importante de Galicia, por decisión soberana dos seus cidadáns, xurdan voces autorizadas e valentes que recoñezan abertamente o seu desacordo co texto do decreto, e que rebatan como fan tralas sombras, de xeito pouco comprometido, que este é o decreto “co que está de acordo todo o PPdeG”, que non só non é certo, senón todo o contrario", asegura nun artigo remitido a GC.

Así, destaca que, o decreto presentado polo Goberno da Xunta non representa o espíritu galeguista do PPdeG e aposta por facer unha reforma dos estatutos para cambiar "galeguismo" por "rexionalismo". "Debese recoñecer que os actuais dirixentes decidiron deixar de ser un partido galeguista, pola súa lexítima concepción da política galega, e recoñecer que tentan facer un “rexionalismo” para non enfrontarse a sectores duros montados aos lombos dos poderes fácticos, a pesares que na súa organización, existan persoas de corazón profundamente galeguista, ao cales os medos á imposibilidade a acceder a determinadas poltronas, fagan que calen publicamente, o que din sentir por esta teima", indica.

None

Opinións contrarias no Comité de Dirección do PPdeG

A opinión de Cuiña é compartida por compañeiros do seu partido, fundamentalmente militantes de base, pero tamén hai concelleiros, alcaldes e mesmo deputados. Algúns deles manifestaron a súa opinión contraria no Comité de Dirección do PPdeG cando se abordou este debate pero prefiren non falar públicamente para non danar a imaxe do PPdeG.

Sen embargo, a pesar de que Cuiña é o único militante popular que se manifesta públicamente en contra do decreto, hai cargos populares que poderían secundalo e que votarían en contra desta norma se se presentan mocións nos concellos, tal e como xa aconteceu nalgunhas alcaldías galegas. Deste xeito, poderianse repetir os votos en contra ao decreto do alcalde popular de Vilariño de Conso ou a abstención do grupo popular de Cerceda, especialmente, no interior de Pontevedra e de Lugo.

PP de Ourense

Con todo, non todo o chamado sector da boina está dacordo en amosar públicamente o descontento pola nova norma e prefiren dar a batalla nos foros internos do partido. Este é o caso dos populares ourensanos que non queren iniciar unha nova guerra política coa dirección do PPdeG.

*****************************

CANDO CAEN AS MÁSCARAS, COMEZA O BAILE

Inspirábame o título deste artigo, unha conversa coa deputada autonómica Carme Adán, especialmente sensibilizada coa lea lingüística que estamos a sufrir nesta terra, e cuxo compromiso coa nosa cultura cualificaría de exemplar.

Resumiría todo o que sinto nestes momentos de decepción, cunha frase cuxa autoría é nin máis nin menos que do Presidente da Real Academia Galega, Méndez Ferrín: “Os inimigos do galego apresúranse a evitar que a lingua sexa útil”. E así é...

O decreto do galego non é máis que unha “santa bárbara” chea de foguetes negacionistas, polas presións de sectores absolutamente obsesionados con reducir a presencia do galego na sociedade. Acomplexados pola pouca –segundo eles- practicidade do idioma desta terra, camiñan por un universo paralelo á súa Historia, tentando, como xinetes do apocalipse cultural galego, que se impoña progresivamente o monolingüísmo castelanista, escondido detrás de grandilocuentes verbas, prostituídas por saír dos beizos de quen veñen, como liberdade.
Repito, unha vez máis, que esta teima lingüística que algúns demostran día tras día, intentando buscar equilibrios inxustos entre o castelán e o atacado galego, non fan máis que reflectir unha triste situación de división social, á que debería dar fronte un goberno convenientemente concienciado da necesidade, e obriga moral, de gobernar para todos.

Penso, custe o que me custe, que o partido do goberno, do que son militante e votante, debe facer unha reforma nos seus estatutos, e recoñecer que os actuais dirixentes decidiron deixar de ser un partido galeguista, pola súa lexítima concepción da política galega, e recoñecer que tentan facer un “rexionalismo” para non enfrontarse a sectores duros montados aos lombos dos poderes fácticos, a pesares que na súa organización, existan persoas de corazón profundamente galeguista, ao cales os medos á imposibilidade a acceder a determinadas poltronas, fagan que calen publicamente, o que din sentir por esta teima. Chegou o momento que dende as entrañas do partido máis importante de Galicia, por decisión soberana dos seus cidadáns, xurdan voces autorizadas e valentes que recoñezan abertamente o seu desacordo co texto do decreto, e que rebatan como fan tralas sombras, de xeito pouco comprometido, que este é o decreto “co que está de acordo todo o PPdeG”, que non só non é certo, senón todo o contrario. O PPdeG é un partido profundamente democrático no que se pode disentir, sen medo a reprimendas dos seus dirixentes, sabendo que opinar diferente, está dentro das regras do xogo político, porque do contrario, estarían vostedes comigo, que do que estaríamos falando sería doutra cousa...

Eu nunca tería o atrevemento de chamar a rebelión civil polo decreto, como si fai Esperanza Aguirre co tema da subida do IVE, máis si pediría por enésima vez reflexión aos nosos dirixentes, para non quedar marcados para a Historia desta terra como persoas que en troques de amala e promocionala, puxeron paos nas rodas do seu orgullo identitario.

O Goberno buscou a “cuadratura do círculo” e non contentou a ninguén, mais como di a canción do mesmo nome de Vetusta Morla, que escribo en castelán para que entendan algúns dirixentes acomplexados das nosas cidades:

“Cuadrar el círculo de esta obsesión
asumir que rendirse no es una opción
saber que no os puedo aniquilar
no es suficiente para firmar la paz”

Ou non?

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

17 A.L.T.O.

Concordo plenamente coa mensaxe dada por Razael Cuiña. Nunha sociedade coma a galega faltan moitas especias para condimentar unha verdadeira política chea de colorido. Considero que este rapaz está sementando un pensamento aberto e plural. Apoio en que siga así xa que a longo prazo obterá os seus frutos. Creando certo malestar entre os que foron "amigos" é o aliciente de que vai por bo camiño apesares da súa pouca rodadura no ámbito público. Nesta mensaxe vexo máis ca un certo desprendemento dese conservadurismo no que está caracteriza certa xente da sociedade galega. Ánimo!! A.L.T.O.!!para aqueles sumisos co baleiro. (Alternativa Libre Traballo Organizado)

16 Balbino

Discrepo profundamente da afirmación que sitúa ó señor Cuíña "Junior" como destacado militante do PP, sinxelamente porque a súa relevancia dentro da estrutura do partido é nula. É unha magoa que este rapaz precice mentar en cadansúa intervención ás siglas populares; probablemente intentando presentar unhas credencias inversamente proporcionais ó seu ego. Gustaríame engadir que Rafa Cuíña presumiblemente un día despertou créndose tocado por certa sorte de designio que o invitaba a redimir ó pobo oprimido, alienado e ignorante; falto dun adalid redentor, que, non pordendo ser de outra maneira, ten que ser necesariamente él. Cabe decir tamén, que o señor Cuíña, ata o seu episodio de "Iluminación" falou sempre en castelán.

15 pilgrim

Cuiña non está na executiva no pp en lalín, e na convención da Coruña estivo na primeira fila por deferencia de Feijoo ó seu apelido. Tampouco ten demasiada prédica no pp galego (máis ben mínima), pero con tanto globo sonda e tanto artigo na prensa progre pode ser que algún día comencen a soar as campás, e xa veremos de qué lado.

14 Austeridá

Pues que se note, machiño, te creeré cuando dejen de hacer política así, no me vale que me digas que el PP no es así y luego siga presentándose gente como Isaac Vila en Xinzo (y encima ganando, parece la Italia de Berlusconi) y gente por el estilo. Y lo de que representa a la gran mayoría de los gallegos, será a la mitad (sí, EL 47% 760.000 GALLEGOS DE 2,8 MILLONES) de los que fueron a votar hace un año (nada que objetar, por otra parte) pero NO A LA GRAN MAYORÍA. Eso sí, en la tierra del caciquismo a la Gran Mayoría, a la inmensa mayoría.

13 Manolo

Austeridá: El PP es el partido que representa a la gran mayoría de los gallegos. No hay quien lo niegue. Pero por eso mismo se nos cuela mucho sinvergüenza que quiere chupar del puesto y aprovechar para forrarse. Unido a que hay amplias zonas de Galicia donde el caciquismo tiene todavía una base social considerable, ocurre que tenemos algunos tipejos impresentables en muchos puestos. Pero para muchos el estilo Baltar es impresentable, y el susodicho no es más que una versión remasterizada. Ganaríamos mucho voto urbano perdiendo de vista a esta gentuza