Cuiña pídelles aos galeguistas que "saian das sombras"

Rafael Cuíña é o primeiro destacado militante popular que se opón publicamente ao decreto do ensino do galego e pide aos seus compañeiros que fagan o mesmo. Non é o único cargo popular descontento coa norma; hai concelleiros e alcaldes contrarios a súa aplicación, algúns calan e outros poderían amosar o seu rexeitamento en votacións municipais.

Por Xurxo Salgado | Lalín | 16/03/2010 | Actualizada ás 00:14

Comparte esta noticia

O fillo do ex conselleiro e un histórico do PP, Xosé Cuíña, insta aos compañeiros de partido que estean en desacordo co novo decreto de ensino do galego a que amosen o seu malestar e que "saian das sombras". "Chegou o momento que dende as entrañas do partido máis importante de Galicia, por decisión soberana dos seus cidadáns, xurdan voces autorizadas e valentes que recoñezan abertamente o seu desacordo co texto do decreto, e que rebatan como fan tralas sombras, de xeito pouco comprometido, que este é o decreto “co que está de acordo todo o PPdeG”, que non só non é certo, senón todo o contrario", asegura nun artigo remitido a GC.

Así, destaca que, o decreto presentado polo Goberno da Xunta non representa o espíritu galeguista do PPdeG e aposta por facer unha reforma dos estatutos para cambiar "galeguismo" por "rexionalismo". "Debese recoñecer que os actuais dirixentes decidiron deixar de ser un partido galeguista, pola súa lexítima concepción da política galega, e recoñecer que tentan facer un “rexionalismo” para non enfrontarse a sectores duros montados aos lombos dos poderes fácticos, a pesares que na súa organización, existan persoas de corazón profundamente galeguista, ao cales os medos á imposibilidade a acceder a determinadas poltronas, fagan que calen publicamente, o que din sentir por esta teima", indica.

None

Opinións contrarias no Comité de Dirección do PPdeG

A opinión de Cuiña é compartida por compañeiros do seu partido, fundamentalmente militantes de base, pero tamén hai concelleiros, alcaldes e mesmo deputados. Algúns deles manifestaron a súa opinión contraria no Comité de Dirección do PPdeG cando se abordou este debate pero prefiren non falar públicamente para non danar a imaxe do PPdeG.

Sen embargo, a pesar de que Cuiña é o único militante popular que se manifesta públicamente en contra do decreto, hai cargos populares que poderían secundalo e que votarían en contra desta norma se se presentan mocións nos concellos, tal e como xa aconteceu nalgunhas alcaldías galegas. Deste xeito, poderianse repetir os votos en contra ao decreto do alcalde popular de Vilariño de Conso ou a abstención do grupo popular de Cerceda, especialmente, no interior de Pontevedra e de Lugo.

PP de Ourense

Con todo, non todo o chamado sector da boina está dacordo en amosar públicamente o descontento pola nova norma e prefiren dar a batalla nos foros internos do partido. Este é o caso dos populares ourensanos que non queren iniciar unha nova guerra política coa dirección do PPdeG.

*****************************

CANDO CAEN AS MÁSCARAS, COMEZA O BAILE

Inspirábame o título deste artigo, unha conversa coa deputada autonómica Carme Adán, especialmente sensibilizada coa lea lingüística que estamos a sufrir nesta terra, e cuxo compromiso coa nosa cultura cualificaría de exemplar.

Resumiría todo o que sinto nestes momentos de decepción, cunha frase cuxa autoría é nin máis nin menos que do Presidente da Real Academia Galega, Méndez Ferrín: “Os inimigos do galego apresúranse a evitar que a lingua sexa útil”. E así é...

O decreto do galego non é máis que unha “santa bárbara” chea de foguetes negacionistas, polas presións de sectores absolutamente obsesionados con reducir a presencia do galego na sociedade. Acomplexados pola pouca –segundo eles- practicidade do idioma desta terra, camiñan por un universo paralelo á súa Historia, tentando, como xinetes do apocalipse cultural galego, que se impoña progresivamente o monolingüísmo castelanista, escondido detrás de grandilocuentes verbas, prostituídas por saír dos beizos de quen veñen, como liberdade.
Repito, unha vez máis, que esta teima lingüística que algúns demostran día tras día, intentando buscar equilibrios inxustos entre o castelán e o atacado galego, non fan máis que reflectir unha triste situación de división social, á que debería dar fronte un goberno convenientemente concienciado da necesidade, e obriga moral, de gobernar para todos.

Penso, custe o que me custe, que o partido do goberno, do que son militante e votante, debe facer unha reforma nos seus estatutos, e recoñecer que os actuais dirixentes decidiron deixar de ser un partido galeguista, pola súa lexítima concepción da política galega, e recoñecer que tentan facer un “rexionalismo” para non enfrontarse a sectores duros montados aos lombos dos poderes fácticos, a pesares que na súa organización, existan persoas de corazón profundamente galeguista, ao cales os medos á imposibilidade a acceder a determinadas poltronas, fagan que calen publicamente, o que din sentir por esta teima. Chegou o momento que dende as entrañas do partido máis importante de Galicia, por decisión soberana dos seus cidadáns, xurdan voces autorizadas e valentes que recoñezan abertamente o seu desacordo co texto do decreto, e que rebatan como fan tralas sombras, de xeito pouco comprometido, que este é o decreto “co que está de acordo todo o PPdeG”, que non só non é certo, senón todo o contrario. O PPdeG é un partido profundamente democrático no que se pode disentir, sen medo a reprimendas dos seus dirixentes, sabendo que opinar diferente, está dentro das regras do xogo político, porque do contrario, estarían vostedes comigo, que do que estaríamos falando sería doutra cousa...

Eu nunca tería o atrevemento de chamar a rebelión civil polo decreto, como si fai Esperanza Aguirre co tema da subida do IVE, máis si pediría por enésima vez reflexión aos nosos dirixentes, para non quedar marcados para a Historia desta terra como persoas que en troques de amala e promocionala, puxeron paos nas rodas do seu orgullo identitario.

O Goberno buscou a “cuadratura do círculo” e non contentou a ninguén, mais como di a canción do mesmo nome de Vetusta Morla, que escribo en castelán para que entendan algúns dirixentes acomplexados das nosas cidades:

“Cuadrar el círculo de esta obsesión
asumir que rendirse no es una opción
saber que no os puedo aniquilar
no es suficiente para firmar la paz”

Ou non?

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

7 Manolo

¿En que convenciones? ¿En las de Lalín, donde es el dueño de media comarca? No me hagas reir, todos los que hablan bien de este sujeto son del BNG. Que risa, los bloqueiros, tan presuntamente proletarios ellos, defendiendo a un gran cacique.

6 Souto

Y lo que te queda... Si pasan de él (no se lo cree nadie) por qué en las convenciones del PP lo ponen siempre en las primeras filas? Un tío valiente y gallego de bien

5 Manolo

La estrategia de los bloqueiros con este sujeto está clara. Están en caída libre, electoralmente hablando, y ahora pasan a intentar meter una "cuiña" dentro del PP, por medio de alguien que no representa a nadie y tiene unos orígenes familiares que la mayoría de los simpatizantes y votantes miramos con recelo, por decir poco. Si sus amigos son Anxo Quintana, Manuel Rivas y Antón Reixa, aparte de Méndez Ferrín, creo que el aludido debería cambiarse de partido de una vez. Si ilusiona, pero a bloqueiros, con lo cual está todo dicho.

4 un poco harto

Y dale con este tío que no representa ninguna sensibilidad en el partito popular. Los de Galicia Confidencial deben estar abonados a sus tonterías porque sólo lo escuchan ahí y poco más. En el PP ni dios le hace caso. Es un "independentista" que es mejor que esté fuera que dentro. Así que rafaelito vete ya a quien te está ahora dando de comer, quintana and company, porque aquí ya no haces nada.

3 Josh

Xa o dixo Manolo Rivas: Cuiña é o futuro da dereita galega por fin temos un líder que ilusione no centro-dereita. Horas era