Por Galicia Confidencial | Santiago | 22/03/2010 | Actualizada ás 17:21
Mark Bittman, columnista do NY Times, amosou na súa sección culinaria do New York Times a tradicional receita de polbo á galega.
Bittman destaca a riqueza gastronómica de Galicia e suliña que é un dos lugares cos mellores mariscos do mundo. "É o único lugar do mundo onde hai restaurantes adicados ao polbo", apunta.
Logo de preparar o polbo ao xeito galego e probalo, Bittman asegura; "iso si que é comida intelixente".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.