Franquesa presenta "Hablando con franqueza", un monólogo solidario

A celebración do espectáculo en dúas cidades do país servirá para difundir e recadar fondos para a Fundación Meniños . As entradas están dispoñibles a través da web de Ataquilla.com .

Por GC Tendencias | Vigo | 08/05/2017 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

O cómico Txabi Franquesa trae á Coruña e a Vigo o seu monólogo Hablando con franqueza, un percorrido a través do humor dos seus dez anos de carreira. Estará o sábado 13 de maio, ás 20.00 h, na Sede Afundación da Coruña (Cantón Grande, 8) e o domingo 14 de maio, ás 19.30 h, no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). O evento ten unha dimensión solidaria, xa que servirá para difundir o labor e recadar fondos para a Fundación Meniños.

Txabi Franquesa
Txabi Franquesa | Fonte: txabi.com

O proxecto co que se colaborará é «Viaxe ao Reino das Emocións» que utiliza a educación emocional como ferramenta para previr condutas violentas ou de acoso entre nenos. As entradas están dispoñibles a través das vías de comercialización habituais da entidade: por exemplo na web de Ataquilla.com.

O CÓMICO TXABI FRANQUESA

Defínese como un artista alternativo, é dicir, que se non hai outra alternativa, pois actúa. Di el que a súa profesión lle vén do seu pai, que era torneiro fresador e que o que máis o marcou foi ser o quinto de tres irmáns. Segundo a súa avoa, é o mellor cómico do país. El agradécello e quérea como se fose da familia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta