Castelao volve pasear polas rúas de Pontevedra

Miguel López debuta como director enfrontándose á maior figura da cultura galega do século XX. 'Castelao: de chumbo a verba' é produto de máis de dez anos de preparación ao redor dun dos pais do galeguismo político. O equipo da obra e a artista María do Ceo, autora da música, presentarán este documental o sábado a partir das 8 do serán no Pazo da Cultura de Pontevedra. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 19/05/2017 | Actualizada ás 10:22

Comparte esta noticia

Fotograma de Castelao De chumbo a verba
Fotograma de Castelao De chumbo a verba

O filme usa un curioso recurso narrativo, porque podemos ver a Castelao na Pontevedra da actualidade. Nun colexio de Pontevedra celébrase o día das artes Galegas adicado á Castelao. A mestra (Uxia Blanco) encarga un traballo que teñen que realizar os alumnos durante o fin de semana. Xavi (Iago Novoa), un neno intelixente e un pouco lacazán recibe unha reprimenda da súa mestra por non estar atento á clase.  A partir de aí, o neno artella un mundo entre a fantasía e a realidade que se inicia cando a estatua de Castelao  do grupo escultórico de la Praza de San Xosé cobra vida (Miguel Pernas) e percorre co neno os lugares máis significativos da Pontevedra na que viviu o insigne galeguista durante 20 anos.

Está producida por Miguel López en coprodución con Abella Creativa, co apoio do Concello de Pontevedra, Pontevedra Film Commission, Pazo da Cultura de Pontevedra e o patrocinio e colaboración de Breogán Films, Bateamar, Galicia Calidade, Gadis, Estrella Galicia e Mandeo Récords.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta