Por que Anxo Quintana deixou o BNG?

O ex vicepresidente lembra que tras a derrota do 2009 había xente dentro do Bloque que non o quería. Tamén critica a alianza entre nacionalistas e Podemos e suliña que ao Estado non lle interesa unha Galicia con forzas propias porque xa ten dous problemas, “Euskadi e Cataluña, e non quere o terceiro”.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 19/05/2017 | Actualizada ás 17:20

Comparte esta noticia

Anxo Quintana foi líder do BNG, vicepresidente da Xunta e estivo a piques de cimentar un novo nacionalismo que acabou deslavazado. Quen foi un dos dirixentes máis carismáticos do Bloque decidiu abandonar a súa formación de toda a vida –como outros moitos militantes nos últimos anos-- e adicarse á vida empresarial.

Participación de Anxo Quintana nun mitin nacionalista
Participación de Anxo Quintana nun mitin nacionalista

A pesar de estar fóra da vida política, Quintana falou este xoves alto e claro de todo o seu pasado político. Foi no programa “Sesión Aberta” de Telemiño, do Grupo La Región,  ante distintos directores de medios. E nesa longa entrevista o alaricano explicou "as dúas razóns" polas que decidiu deixar nun primeiro momento a portavocía do BNG e despois rachar co partido. 

"Abandono a portavocía porque se producen unhas eleccións nas que perdemos 30.000 votos e a maioría alternativa. Non me sinto culpable, pero si responsable, polo que actuei en consecuencia, xa que ademais había moita xente no BNG que non quería que seguise á fronte. Decidín deixar o partido cando me dou conta de que non son útil e non me queren utilizar, así como por estar en desacordo coa liña estratéxica democráticamente aprobada pola militancia", comentou.

Unha situación que se produce logo dos movementos que impulsou para dar un xiro ao BNG e achegalo a un espectro máis amplo da sociedade galega, o que lle causou problemas internos dentro de organización. "O problema é que o nacionalismo galego se crea ó redor dunha cultura de combate, que non admite matices", dixo en alusión á UPG que é a forza que hoxe controla o Bloque. "Tivo unha xustificación, xa que en este país ninguén esperaba un nacionalismo e había que pórse nesas claves. Pero para gañar a maioría social, tes que recoñecer que a sociedade ten máis matices, ostentar o poder significa aceptalos. É o paso que o nacionalismo non deu", afirmou.

As fotos de políticos e empresarios

Quintana tamén abordou o seu achegamento ó sector empresarial durante a súa etapa como vicepresidente da Xunta, algo que como recoñece, pasoulle factura no partido. "Foi en parte por culpa miña, quería ir moi rápido e as cousas precisan do seu tempo. Non podíamos ir expropiando as multinacionais, precisábamos a complicidade do capital do país, que vira un instrumento político e iso desde a cultura política precisa do seu tempo, quizais intentei ir demasiado rápido e non dediquei todo o tempo que precisaba á xente da organización", reflexionou.

Anxo Quintana na presentación de Somos Nós
Anxo Quintana na presentación de Somos Nós

Foi unha foto cun empresario nun barco, publicado por La Voz de Galicia e o ABC,  a que dinamitou a campaña das eleccións autonómicas de 2009, uns comicios que devolveron ó PP o Goberno galego por un deputado que escapou do BNG, algo que Quintana non esquece. "Foi un elemento máis dunha campaña que merece ser estudada, a primeira vez que se utilizou o derribo persoal do contrincante como parte da campaña, a partir de aí se creou unha escola, as campañas cambiaron totalmente", dixo o convidado, que foi cuestionado sobre unha foto de Mariano Rajoy no barco dun narcotraficante, sin consecuencias; "El tiña poder, eu non".

Críticas a Podemos

O ex vicepresidente tamén criticou o pacto de forzas nacionalistas con Podemos e está convencido de que o futuro ten que ser decidido polos galegos. Por iso, non comparte que grupos como Anova, liderado do BNG, Xosé Manuel Beiras, se teña incorporado no grupo de Pablo Iglesias.

"Paréceme unha equivocación política moi grave. Penso, sen embargo, que é unha demostración de que existe campo político para o nacionalismo en Galicia, pero hai xente que sucumbiu ante a dinámica no Estado de polarización", destacou Quintana, que ve certo paralelismo entre o movemento que abandeira Podemos e o que fixo no seu momento o nacionalismo galego.

"O BNG xa foi Podemos, esa forza que a xente vota porque está indignada. Que sucede? Eses proxectos nunca chegan ó 20% do electorado. O de Podemos sei como acabará, na socialdemocracia ou desaparecendo. Unha vez que a indignación se desbota, hai que evolucionar, como fixo, por exemplo, Pepe Múgica".

Nesa liña, defende que ó Goberno do Estado nunca lle importarán as peculariedades de Galicia, poñendo como exemplo a frustrada operación para mercar Fenosa durante o bipartito. " Se non foi adiante, é porque éramos Galicia e íamos cambiar a estrutura económica. O Estado non ía permitilo porque detrás ven unha estrutura política e considera que ten dous problemas, Euskadi e Cataluña, e non quere o terceiro. É materialmente imposible lexislar para todo o Estado e que Galicia saia beneficiada, terían que cometer unha discriminación co resto", sentenciou.

Anxo Quintana no iate de Jacinto Rey nunha fotografía publicada por La Voz e ABC en plena campaña electoral
Anxo Quintana no iate de Jacinto Rey nunha fotografía publicada por La Voz e ABC en plena campaña electoral | Fonte: outono.net
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

5 M.H.

Sempre fago esta pregunta: por que Quin non saíu do Bng despois da asemblea de Amio cos que logo marchamos? Saímos os quintanistas e quedou dentro o lider.

1 Galegus

Amio era un mercado de gando. O gando saíu pero os xefes seguiron ao seu

2 comunista independentista

M.H., o enésimo benegallo que se fai pasar polo que non é para distorsionar a realidade. Qué aburrimento.

4 Gamela

Semella que o gran pecado de Quin foi non terse enfrontado co núcleo duro da UPG! mesmo levantar os pufos coa banca e dirixir ao BNG cara á INDIGNACIÓN (e mira que había xente indignada GALIZA NON SE VENDE!!!) Pero Beiras tampouco estivo á altura das circunstancias (somos galegos!) e así imos de cú... Agora tarde piaches !!! Pero aínda queda pendente a eterna cuestión: http://www.galiciaconfidencial.com/...

3 Per

Poñedes a foto de Quintana pero nunca puxestes a de Iglesias con Roures,,, claro,, este último e progre e nacionalista español.Cando Iglesias chegue ao poder (que chegará) pra gobernar terá que pactar coas dereitas de Euskadi e Catalunya,, e os das mareas a calar co goberno amigo,, igual que os do Psoe e PP cando lles tocou,,,por iso por iso non conviña Quintana,,, non conviña un terceiro problema.

2 Falcón

A verdade é : POR QUE SE QUERÍA DEDICAR ÓS NEGOCIOS,

1 Carlossssss

Que parcial sodes!: Non abandoado Miles de persoas o BNG! Datos ? E Quintana pretendeu dereitizar o país, crear PNV galego usando o posibilismo e enraizando o todo vale. Normal que se fose! Se queremos existir como ente diferenciado devemos ser soberanos! Despois non nos queixamos do atraso!