Por que Anxo Quintana deixou o BNG?

O ex vicepresidente lembra que tras a derrota do 2009 había xente dentro do Bloque que non o quería. Tamén critica a alianza entre nacionalistas e Podemos e suliña que ao Estado non lle interesa unha Galicia con forzas propias porque xa ten dous problemas, “Euskadi e Cataluña, e non quere o terceiro”.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 19/05/2017 | Actualizada ás 17:20

Comparte esta noticia

Anxo Quintana foi líder do BNG, vicepresidente da Xunta e estivo a piques de cimentar un novo nacionalismo que acabou deslavazado. Quen foi un dos dirixentes máis carismáticos do Bloque decidiu abandonar a súa formación de toda a vida –como outros moitos militantes nos últimos anos-- e adicarse á vida empresarial.

Participación de Anxo Quintana nun mitin nacionalista
Participación de Anxo Quintana nun mitin nacionalista

A pesar de estar fóra da vida política, Quintana falou este xoves alto e claro de todo o seu pasado político. Foi no programa “Sesión Aberta” de Telemiño, do Grupo La Región,  ante distintos directores de medios. E nesa longa entrevista o alaricano explicou "as dúas razóns" polas que decidiu deixar nun primeiro momento a portavocía do BNG e despois rachar co partido. 

"Abandono a portavocía porque se producen unhas eleccións nas que perdemos 30.000 votos e a maioría alternativa. Non me sinto culpable, pero si responsable, polo que actuei en consecuencia, xa que ademais había moita xente no BNG que non quería que seguise á fronte. Decidín deixar o partido cando me dou conta de que non son útil e non me queren utilizar, así como por estar en desacordo coa liña estratéxica democráticamente aprobada pola militancia", comentou.

Unha situación que se produce logo dos movementos que impulsou para dar un xiro ao BNG e achegalo a un espectro máis amplo da sociedade galega, o que lle causou problemas internos dentro de organización. "O problema é que o nacionalismo galego se crea ó redor dunha cultura de combate, que non admite matices", dixo en alusión á UPG que é a forza que hoxe controla o Bloque. "Tivo unha xustificación, xa que en este país ninguén esperaba un nacionalismo e había que pórse nesas claves. Pero para gañar a maioría social, tes que recoñecer que a sociedade ten máis matices, ostentar o poder significa aceptalos. É o paso que o nacionalismo non deu", afirmou.

As fotos de políticos e empresarios

Quintana tamén abordou o seu achegamento ó sector empresarial durante a súa etapa como vicepresidente da Xunta, algo que como recoñece, pasoulle factura no partido. "Foi en parte por culpa miña, quería ir moi rápido e as cousas precisan do seu tempo. Non podíamos ir expropiando as multinacionais, precisábamos a complicidade do capital do país, que vira un instrumento político e iso desde a cultura política precisa do seu tempo, quizais intentei ir demasiado rápido e non dediquei todo o tempo que precisaba á xente da organización", reflexionou.

Anxo Quintana na presentación de Somos Nós
Anxo Quintana na presentación de Somos Nós

Foi unha foto cun empresario nun barco, publicado por La Voz de Galicia e o ABC,  a que dinamitou a campaña das eleccións autonómicas de 2009, uns comicios que devolveron ó PP o Goberno galego por un deputado que escapou do BNG, algo que Quintana non esquece. "Foi un elemento máis dunha campaña que merece ser estudada, a primeira vez que se utilizou o derribo persoal do contrincante como parte da campaña, a partir de aí se creou unha escola, as campañas cambiaron totalmente", dixo o convidado, que foi cuestionado sobre unha foto de Mariano Rajoy no barco dun narcotraficante, sin consecuencias; "El tiña poder, eu non".

Críticas a Podemos

O ex vicepresidente tamén criticou o pacto de forzas nacionalistas con Podemos e está convencido de que o futuro ten que ser decidido polos galegos. Por iso, non comparte que grupos como Anova, liderado do BNG, Xosé Manuel Beiras, se teña incorporado no grupo de Pablo Iglesias.

"Paréceme unha equivocación política moi grave. Penso, sen embargo, que é unha demostración de que existe campo político para o nacionalismo en Galicia, pero hai xente que sucumbiu ante a dinámica no Estado de polarización", destacou Quintana, que ve certo paralelismo entre o movemento que abandeira Podemos e o que fixo no seu momento o nacionalismo galego.

"O BNG xa foi Podemos, esa forza que a xente vota porque está indignada. Que sucede? Eses proxectos nunca chegan ó 20% do electorado. O de Podemos sei como acabará, na socialdemocracia ou desaparecendo. Unha vez que a indignación se desbota, hai que evolucionar, como fixo, por exemplo, Pepe Múgica".

Nesa liña, defende que ó Goberno do Estado nunca lle importarán as peculariedades de Galicia, poñendo como exemplo a frustrada operación para mercar Fenosa durante o bipartito. " Se non foi adiante, é porque éramos Galicia e íamos cambiar a estrutura económica. O Estado non ía permitilo porque detrás ven unha estrutura política e considera que ten dous problemas, Euskadi e Cataluña, e non quere o terceiro. É materialmente imposible lexislar para todo o Estado e que Galicia saia beneficiada, terían que cometer unha discriminación co resto", sentenciou.

Anxo Quintana no iate de Jacinto Rey nunha fotografía publicada por La Voz e ABC en plena campaña electoral
Anxo Quintana no iate de Jacinto Rey nunha fotografía publicada por La Voz e ABC en plena campaña electoral | Fonte: outono.net
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

10 Amancio

Um tipo com um pouco de cabezinha, por isso é irrelevante no nacionalismo. Os relevantes som tipos que se acham melhores que o resto e nom podem oferecer outra cousa nom seja ódio antiPP e a gente que vota neles, vê-se nos comentários. Eis o fracaso

9 Marcelino del Val

Estás deseando volver...con un puesto claro, y bien remunerado. Sois todos iguales. Pero el pueblo os dijo no. Aquí no hay ni habrá ese nacionalismo moderado o como le querais llamar, meteoslo donde os quepa...las empresas son españolas todas, y los servicios, y todo...que lo quereis romper todo.

8 pepe da pera

Poi oxala tivese conseguido crear un PNV galego, a parte da peninsuloa con maior nivel de vida, menos paro, cero emigracion e mellores servizos sociais, envexados non so en España senons em casi toda europa, e nos mentres a velas vir

1 Peras verdes

Grande o PNV, enorme: para consolidar o Partido Podre co mafioso Raxoi na cabeza! Xigante PNV, para chupar das portas xiratorias de Iberdrola! Mira canto rouba aos cidadáns e cando protestan os conselleiros do PNV sentados en Iberdrola! Fenómenos os do PNV, preguntalles aos da estiva, e segue celebrando cada día que o PNV vote co Partido Podre e non quite dereitos a todos para perpetuar a mafia corrupta!

2 Burro apaleao

Os da estiba , si claro eses pertencen ó 99%, todos cobramos 70.000 euros e podemos deixar en herencia o curro ós nosos fillos. Os galegos temos que tragar coa corruptela española e inda por riba non temos a vantaxe de que discriminen o noso favor, o país vasco está a cabeza de Europa en todo, pq será? Pq son máis wapos ou pq teñen políticos que saben coidar dos intereses d@s vasc@s.

3 Ovella galega

Os logros dos bascos: por que muxen (ordenhan, por se és tan pouco lido) a vaca! Si, non só os madrilenhos tiran do teto. Xa con Franco, así que o exemplo dos bascos é, cando menos, de duvidosa decencia. Os das sotanas, os que "coidan" dos bascos, son os que sustentan a mafia corrupta do Partido Podre. E aínda hai servos, ovellas galegas, que lles rin as grazas! Apaleados agradecidos! Se cadra precisas saber que hai partidos bascos decentes que reclaman moito máis que as migallas que recolle o PNV. Que hai cidadáns que non se venden tan barato como os da sotana!

7 pepe da pera

Iglesias chegara ao poder cando mexen as galiñas, ten toda razón quintana, xa acadou o seu teito eleitoral e coa mellora da situación económica vaise a dar una pequeña pero continua perda de votos por parte de podemos, xogome o pescozo, de feito o único partido similar a podemos que gañou unas eleccions foi Siryza con una situcacionde crise non comparavel con ningunoutro país da Europa e ainda por cima cando chegou ao poder non lle quedou outro remedio que facer aquello que criticaba

6 Dorna

Se cadra foi porque acabou sabendo a verdade sobre o BNG de Pontevedra. Ese que en poucos días converterá a un falanxista en Fillo Predilecto da cidade na que gobernan.