O goberno de Lalín, paralizado temporalmente, por un acordo entre o PP e un “tránsfuga”

Rafael Cuíña critica o pacto entre os populares e o ex concelleiro Juan José Cruz e di que o que fan é “prexudicar aos veciños”. Este luns someterase a unha moción de confianza e anima ao PP a que presente unha moción de censura.

Por Xurxo Salgado | Lalín | 25/05/2017 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

É evidente que unha coalición entre PP e un tránsfuga botou abaixo os orzamentos”. Así de contundente se amosa o rexedor de Lalín, Rafael Cuíña, tras a imposibilidade de aprobar as contas municipais do vindeiro ano o que o obrigou a someterse a unha moción de confianza. E o certo é que para o alcalde lalinense o acordo entre os populares e o ex edil de Lecer, Xuventude, Mercados, Feiras e Relacións Veciñais, Juan José Cruz –agora no Grupo Mixto--, xa “ten consecuencias negativas” para os veciños

Rafael Cuíña.
Rafael Cuíña.

“Agora teremos que ir a unha cuestión de confianza, tal e como fixo Xulio Ferreiro hai unhas semanas. Perderémola, pero dentro dun mes sairá adiante se antes non presentan unha moción de censura”, indica Cuíña en declaracións ao Galicia Confidencial. “Encantaríame que a presentaran para perdela, pero non o van facer”, ironiza.

Por iso critica este “paripé” político porque “os grandes prexudicados son os veciños”, e saca peito do seu goberno para denunciar ese acordo entre PP e o “tránsfuga”. “Cando entrei había 5,4 millóns de débeda e catro millóns en tesourería e agora hai seis de tesourería e 2,5 millóns de débeda e baixamos o IBI ao mínimo legal”, indica.

Cuíña insiste que non entende o acordo que, agora, mantén o PP con quen foi edil de Compromiso por Lalín. “Sobre todo, porque foi unha persoa que criticou duramente a dirixentes do PP”, lembra. En todo caso, está convencido de que ese acordo tácito entre eles non vai a impedir que se siga gobernando.

O resto do goberno somos un grupo de amigos no persoal e colaboradores no político. Non temos a mínima discusión e isto a pesar de que ía difícil gobernar un cuatripartito. Pero iso eu o chamo goberno de integración porque co PSOE, a Marea, e o BNG teño boas relación a nivel local e nacional”, afirma. 

Ex concelleiro

O ex edil de de Compromiso por Lalín (CxL), Juan José Cruz García, comunicou hai un ano a súa decisión persoal de abandonar a disciplina deste grupo municipal e marchou ao Grupo Mixto. Unha decisión que supuxo deixar ao actual goberno cuatripartido sen a maioría absoluta que pasou a contar con dez edís, os mesmos que ten o partido da oposición, o PP.

Juan José Cruz argumentou que a súa marcha se debe a que, tras asignárselle responsabilidades nas áreas de Lecer, Xuventude, Mercados, Feiras e Relacións Veciñais, a repartición “apenas foi efectivo, posto que case non tiven capacidade, potestade e nin medios suficientes para poder traballar e para levar a cabo iniciativas”. “Esta situación, xunto con outros detalles relacionados ca complicada convivencia, foron provocando un gran desgaste que provoca incomodidade e unha perda de confianza”, indicou entón.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

5 Furancho

Este tránsfuga polo que se coñece está expulsado, son peores os esos doBNG de Ordes que permiten un goberno do PP rancio, como pago ao que pasos en Boimorto. É unha cuestión de firmeza.

4 Bisbardos

O titular é moi chistoso se temos en conta que o partido dese cacique creouse a base de transfugas do BNG sen que non se fixesen noxos a ningún. Digamos que Cuiña acabou mal cun dos seus concelleiros, como lle pasa con case todos os políticos que non lle din amén, e tamén que aquí hai moita publicidade do concello de Lalín. E logo falamos do peloteo da Voz de Galicia a Feijóo.

3 Ou os de Anova

Isto é de tolos. Compropiso por Galicia acusando a ninguén de tránsfuga?

2 Gamela

Semella que o Día dos Inocentes vaille sair caro ao fillo de Cuíña ? Ás veces andar a xogar con lume non é precisamente a mellor Política de DIÁLOGO http://www.farodevigo.es/portada-de... Descoñezo totalmente a política local de Lalín máis así por riba non é preciso buscar escuras tramas do PP (basta ser burro e facerlle a vida imposible á xente que non comulga co Patrón Cuíña) ? http://www.farodevigo.es/tags/juan-...

1 Não comprendin

Não vejo o sentido do teu comentario. Ligas para noticias que falam dum incidente provocado polo edil tránsfuga. Mais não de Cuinha.

1 PP golferancia pura!!!!

PORCOS!!!! TRAIDORES A PATRIA GALEGA!!! o partido corruPPteiro, os desgraciados ises, esa Praga que caeu en Galicia... andan agora a mercar "carne" de edis de concelleiros polos pobos e ci-dades e a clásica estratexia pepeira a dous anos das eleccions municipais, queren manexar os tinglados electorais coas cartas xa marcadas, O FRIJOLES E O QUE ESTA DETRAS DESTAS XOGADAS ANTIDEMOCRATICAS!!!! o partido populeta (cofradía de imputados en todo tipo de delitos electorais, xuntados polo seu amor SIDIFITICO a expaña) andan xa de preparación do municipalismo, o nacionalismo debe xuntarse ante o perigo de que persoas pepeiros moi corruPPteiras poidan chegar os concellos... o nacionalismo debe pararlle os pes a estes autenticos crápulas da corruPPción expañodantesca!

1 Bisbardos

Preguntalle a Cuiña por Pablo Crespo e a avoa contable. Logo falamos de PPcorrupción.

2 Lavádevos_PPorconas

Tendo en conta que donde goberna ou gobernou o PPSOE hai un fracaso total, non sei se compre falar de tránsfugas entre partidos ou de saltar da pota ao lume. ¡Que voten de novo ho! así a responsabilidade do fracaso queda máis compartida.