Os defensores da lingua quentan motores para unha protesta histórica

O PSdeG adianta o seu apoio á protesta do Días da Letras, que este mércores vivirá o seu primeiro ensaio xeral cunha folga no ensino.

Por Galicia Confidencial | O Irixo | 08/05/2010 | Actualizada ás 21:24

Comparte esta noticia

Mocidade pola Língua, a organización de mozos da Mesa pola Normalización, convoca unha folga nos ensino secundario para o próximo mércores. Ademais haberá varias manifestacións en Vigo, Ourense, Compostela e Lugo.

Os defensores da lingua quentan así motores para a gran cita do 17 de maio. O Día das Letras Queremos Galego prepara unha manifestación en Compostela que os críticos coa deriva españolista PPdeG agarda rache todas as marcas, incluída a deste xaneiro, cando se encheu o Obradoiro nun día laborábel.

 

Na fronte política, ademais dos nacionalistas, que controlan a maioría da Plataforma, e de Esquerda Unida, o PSdeG xa anunciou a súa asistencia, aínda que fica a dúbida se asistirá Francisco Caamaño, ministro de Xustiza.

O PP agarda que escampe

Na Nécora son conscientes de que a lingua é un dos seus principais problemas. Por iso os conservadores miden os tempos da tramitación do Decreto do Galego, paralizado tras a negativa non vinculante do Consello Escolar.

Malia que a marxe para tramitalo no Parlamento a tempo de que estea listo para o próximo curso é reducida, a polémica 'contrarreforma' non chegará ao Hórreo até despois do Día das Letras. Tampouco haberá, polo menos nas vindeiras semanas, traducións ao español de Castelao no Parlamento.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 58 comentarios

11 Chatarras news

Xa comezou a campaña antimanifestación pomovida polo PP, comezan xa os trolls a enmerdar na liña das campañas electorais. Pero o 17 M veremos a realidade

1 El Alamein

Que gusto da votar para calar a boca aos que queren impoñer o seu idioma querido aos seus veciños! Feijóo, Galicia é bilingüe, e a moita honra!!

2 O Pindo

Estaremos todos, de tódolos partidos, de ningún partido, de toda clase e condición . A defensa do idioma non é patrimonio da UPG nin de Carlos Callón.

10 Oxi

Dende cando hai que tramitar un decreto no Parlamento??????

1 Midway

Ahí falaches! Feijóo, Decreto xa, e plurilingüe, que estou farto de tatexar o inglés. Se Fraga tivera acordado, agora non tería que pagarme unhas clases.

9 Rebumbio

Tal mal vai o galego que ata o talibán Callón ten que chamar aos que falan castelán para encher o Obradoiro. Con xente así, non estrana que cada vez se fale menos. Se en troques de facer folgas e manifestacións se puxeran a traballar mellor lles era. Que agora veña o PSOE defendendo o galego é de risa. Todo é unha comedia para uns vivir mellor a conta do idioma e outros facer oposición politica.

1 PPerrallada

tí si que eres talibán e troll

2 Gallaecia

Manifestación polo idioma? Menos samba e máis traballar!! Querería saber canto diñeiro dan á Mesa e os Correlinguas para que os salvapatrias nacionalistas vivan do conto!!

8 un galego

Eu creo que a única bandeira da manifestación de queremos galego debería ser a bandeira do galego. O resto está de máis. Son nacionalista pero non creo que sexa necesario amosar que o nacionalismo galego está a favor do galego, creo que xa está o suficientemente claro. Mais se entendemos que a defensa do galego debe ser algo importante para calquera galego as bandeiras de calquera partido sobran. Logo se queredes facemos outra manifa do partido e imos todos coas bandeiras, prométovos que a miña será a estreleira máis grande de todas.

1 Un de Vigo

Dacordo completamente, pero xa verás ao Guillerme en primeira fila do palco, coma a outra vez. Restar, é o que fan.

2 outro galego

Por iso a cada convocaroria sùmanse mais galegos

3 Eu-digo

se esto o oira fai vinte anos, diría que era un "españolista" que estaba a "putear". Cada un que vaia á manifestación como lle saia das narices. A min non me molestan as bandeiras, eu so vou por un obxectivo: defender o idioma galego!

4 Sherlock

O que quera defender o idioma galego, que llo enseñe aos seus fillos. Non se gana nada impoñéndoo a quen quere falar en español.

5 Rayleigh

E quen cho impón, Sherlock? So sabedes dicir iso? Por miña experiencia, nin sabedes de que falades. Seguro que é por que vos gosta a sonoridade da verba "imposición", por que non vin cousa máis baleira na miña vida. E sobre Guillerme Vázquez. Que se supón que ten que facer? Esconderse? Por que razón? Por que TI non simpatizas con el? Por que TI non o votas? Falades de respetar todas as opcións políticas e resulta que andades a dicir quen pode ir e quen non. Bonitos demócratas están feitos algúns.

6 Sherlock

A filla do meu mellor amigo ten todas as asignaturas en galego, agás español e inglés, a pesar de que ela é castelanfalante, e que debería ter todo o dereito do mundo a a unha ensinanza pública e en castelán. O caso é que non é así. Por iso Feijóo ten que mover ficha e desbaratar este plan nacionalista de quitarlle a lingua á xente para cumprir os soños imperialistas do totalitarismo nacionalista.

7 un calquera

A xente ten dereito a manifestarse e os de "Queremos galego" teñen tanto dereito a manifestarse coma os de "Galicia Bilingue". Non entendo porque está mal levar nenos a unha manifestación e non está mal levalos de procesión ou a facer a primeira comunión. Ó mellor o que sucede é que hai alguén a quen lle fode o poder de convocatoria dos defensores do galego versus o poder de convocatoria dos defensores do castelán. Estou agardando a unha nova manifestación de GB, están no seu dereito, o tema está a ser debatido, porqué non se manifestan?, será porque voltarían a dar risa coma o 8 de Febreiro do ano pasado (nenos incluidos)?.