Os comunistas denuncian a "manipulación da Historia" no 65 aniversario da "Vitoria"

Máis de 30 partidos comunistas de todo o mundo destacan a importancia que tivo para a historia da humanidade a vitoria soviética sobre o nacismo porque supuxo un "importante marco na loita pola paz".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 17/05/2010 | Actualizada ás 00:32

Comparte esta noticia

Comunistas da Galiza, integrado no Partido Comunistas de los Pueblos de España, asina esta declaración conxunta na que se denuncia a "falsificación" da historia ao intentar equiparar o comunismo co fascimos e "ocultar o papel decisivo dos comunistas na liberación dos pobos do xugo nazi-fascista".

Así, destacan que os comunistas estiveron "desde o primeiro momento na primeira liña" da guerra mobilizando aos traballadores contra o nacismo. "Para a Vitoria sobre as hordas fascistas foi determinante a heroica contribución da URSS, do seu Exército Vermello, do seu pobo, que sufriu preto de 27 millóns de mortos", apunta o documento.

Os partidos comunistas suliñan que evocar o 65 aniversario da Vitoria é "reafirmar a súa profunda convicción na loita pola emancipación social, na xusteza dos valores e ideais libertadores" xa que o futuro "non pertence" ao capitalismo, "senón ao socialismo e ao comunismo".

*****************************

Declaración conxunta dos Partidos Comunistas: ¡Conmemoremos os 65 anos da vitoria!

O 9 de Maio conmemórouse o 65 aniversario da vitoria sobre o Nazi-fascismo -a máis brutal e violenta expresión do dominio dos monopolios, nun sistema capitalista en profunda crise -, que conduciu á Humanidade a unha das maiores catástrofes da súa Historia, coa barbarie dos campos de concentración e o cortexo de morte e destrución que a Segunda Guerra Mundial significou para os pobos.

Os comunistas estiveron desde o primeiro momento na primeira liña, mobilizando e organizando aos traballadores e aos pobos para a resistencia. A loita antifascista contou coa firme e resolta acción dos comunistas, pola cal millóns deron as súas vidas.

Para a Vitoria sobre as hordas fascistas foi determinante a heroica contribución da URSS, do seu Exército Vermello, do seu pobo, que sufriu preto de 27 millóns de mortos.

Foi coa vitoria en 1945 e a formación do campo socialista que millóns de homes e mulleres emprenderon a súa emancipación, liberándose da explotación, da opresión e do colonialismo, e o movemento obreiro alcanzo enormes conquistas sociais e políticas, nun camiño de progresos nunca antes alcanzados na historia da Humanidade.

Na actual situación, en tempos de profunda crise do capitalismo, en que a ofensiva desencadeada por varias organizacións imperialistas, como a OTAN e a Unión Europea, afectan tan duramente ás masas traballadoras, a Humanidade esta de novo confrontada con grandes perigos resultantes do agravamento das contradicións do imperialismo, da carreira armamentista, do reforzo das alianzas militares agresivas e da tentativa de impor pola forza o aumento brutal da explotación, da precariedade das relacións laborais, dos despedimentos, do desemprego, da pobreza, da negación da satisfacción das necesidades máis básicas de millóns e millóns de seres humanos.

Deste xeito, chamamos a que se sinale o 65 aniversario da vitoria sobre o nazi-fascismo como un importante marco na loita pola paz, contra a monumental falsificación da Historia e o anticomunismo - que como a historia mostra é sempre antidemocrático-, que intentando equiparar ao fascismo co comunismo e ocultar o papel decisivo dos comunistas na liberación dos pobos do xugo nazi-fascista, procura criminalizar, ilegalizar, reprimir, non só os ideais e a acción dos comunistas senón de todos os demócratas que se opoñan á dominación e á explotación capitalistas, ou o seu propósito de perseguir e reprimir a todos os que, dalgunha forma, resistan e loiten organizadamente contra os monopolios e o imperialismo.

Para nós, comunistas, evocar o 65 aniversario da Vitoria é reafirmar a nosa profunda convicción na loita pola emancipación social, na xusteza dos nosos valores e ideais libertadores; e reafirmar a nosa determinación en combater as causas e as forzas que estiveron na raíz do horror fascista; e reafirmar a nosa confianza inesgotable de que o futuro pertence non aos que oprimen e explotan, senón aos traballadores e aos pobos que resisten e loitan en prol da emancipación da Humanidade dos grilletes da explotación do home polo home e por unha sociedade onde os traballadores gocen plenamente da riqueza por eles creada, de progreso social, de paz e de benestar. O futuro non pertence ao capitalismo, senón ao Socialismo e ao Comunismo

Os Partidos

Partido Alxerino pola Democracia e o Socialismo; Partido Comunista de Armenia; Partido Comunista de Azerbaiján; Partido Comunista de Australia; Partido Comunista de Bielorrusia; Partido do Traballo de Bélxica; Partido Comunista de Brasil; Partido Comunista de Canadá; Partido Comunista de Bohemia e Moravia; Partido Comunista de Chile; Partido Socialista Obreiro de Croacia; Partido Comunista de Cuba; Partido Comunista en Dinamarca; Partido Comunista dos EEUU; Partido Comunista de Finlandia; Novo Partido Comunista de Inglaterra; Partido Comunista de Inglaterra; Partido Comunista Alemán; Partido Comunista Unificado de Xeorxia; Partido Comunista de Grecia; Novo Partido Comunista de Holanda; Partido Comunista Obreiro de Hungría; Partido Comunista da India (Marxista); Partido Comunista da India; Partido Tudeh de Irán; Partido Comunista Iraquí; Partido Comunista de Irlanda; Partido Comunista de Israel; Partido Comunista de Kazajstán; Partido Comunista de Kyrgyzstan; Partido Comunista Libanés; Partido Comunista de Luxemburgo; Partido dos Comunistas, México; Partido do Pobo de Palestina; Partido Comunista de Paquistán; Partido Comunista Peruano; Partido Comunista de Filipinas (PKP-1930); Partido Comunista Portugués; Partido Comunista de Polonia; Partido Comunista da Federación Rusa; Unión de Partidos Comunistas CPSU- Rusia; Partido Comunista Surafricano; Partido Comunista de España; Partido dos Comunistas de Cataluña; Partido Comunista dos Pobos de España; Partido Comunista Sirio; Partido Comunista de Suecia; Partido do Traballo de Turquía (EMEP); Partido Comunista de Ucraína; Partido Comunista de Uruguai; Partido Comunista de Venezuela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

4 anonimo

Va, tes razón. Non tiña que ter falado do Comunismo, tiña que ter falado do Partido Comunista. Tes razón, que non é o mesmo. Os distintos Partidos Comunistas son responsables da morte de millóns de persoas no mundo, non o comunismo como sistema. Pido perdón polo lapso. A pregunta agora é: podo comparar ao Partido Comunista de Stalin, ao Partido Comunista de Mao ou aos Xemeres co nacionalsocialismo de Hitler ou o fascismo de Franco? A respecto dos dados sen demostrar dos mortos ocasionados por reximes comunistas, vai contalo a Polonia ou a China, ou a Camboia, a ver que che din. Os negacionistas do Holocausto nazi son fanáticos que terxiversan a realidade, os negacionistas dos asasinatos en masa dos reximes comunistas son historiadores críticos comprometidos coa verdade. Esto non o sabía porque non fun á escola.

1 anonimo

Por outra parte, grande argumento o de que o capitalismo causou aínda máis mortes. Por suposto que si. Pero se pensas que é mellor vivir baixo a bandeira da fouce e o martelo dun rexime comunista, xa estás tardando en marchar pra Corea. Eu teño claro que prefiro vivir en democracia, cos seus erros, que baixo unha dictadura, aínda que sexa a de Cuba. Tamén é verdade que si tivera nacido en África non pensaría o mesmo, pero seguramente que se ti viviras en África tampouco pensabas o que pensas agora. De feito, entón, seguramente estarías máis preocupado por conseguir auga que por saber quen foi Marx.

2 Arenga

Nom ponho como argumento que o capitalismo causou e segue causando muitissimas mais mortes que o comunismo, é um dado. O principal problema do comunismo som as dezenas de anos de desinformaçom por parte da imprensa mundial criando umha mitologia falsa sobre o que é o comunismo fazendo que a gente associe o comunismo a regímenes ditatorias mentres nunca os associa ao capitalismo, nim com hitler, franco, as ditaduras africanas, sudamericanas, etc,etc. Essa desinformaçom crea preconceitos negativos, tu mesmo dis que prefires viver numha democrácia capitalista associando já diretamente como única possivilidade de comunismo a ditadura, isso a que se deve?. Eu prefiro viver numha democracia comunista. Qualquer economista pode dizer-te que as bases do comunismo som muito mais democráticas, justas e igualitarias que as do capitalismo para as pessoas, claramente isto nom lhes gosta as empresas que e polo tanto todo imprensa negativa é pouca.

3 arenga

Algum deveria voltar à escola. O comunismo é um sistema económico, o mesmo que o capitalismo, polo tanto nom se pode comparar o toucinho coa velocidade, que é o que fazedes quando comparades o comunismo co nacionalsocialismo, ou fascismo. Assim que quando passedes de novo pola escola e vos ensinem algo volvedes aqui a fazer umha palestra com fundamento. O dos 100 milhons de mortos polo comunismo é muito bonito(dados sem demostrar) mas quantos mortos causa o capitalismo? o sabedes? pq que eu saiba segue causando milhons de mortos o ano de fome em todo o mundo, e seguimos sumando.

2 anonimo

Do mesmo xeito que non se pode negar o papel do Comunismo na derrota do nacionalsocialismo, non se pode esquecer cal era o seu obxectivo: estenderse por Europa como calqueira outra ideoloxía imperialista. Os países de tras o telón de aceiro sufriron durante décadas outro tipo de fascismo, o fascismo dos que ao xenocidio chamábanlle "depuración", o fascismo dos que no nome do pobo fixeron morrer de fame a millóns de persoas, o fascismo dos que instauraron o réxime máis tremendo e terrorífico de todos os que existiron no mundo, o que causou máis morte, máis represión, máis censura e o que afundiu o maior número de economías mundiais... É incrible a dobre vara de medir que se segue a manter con este tema.

1 anonimo

Menuda apología del terrorismo. Los comunistas solo hicieron dos cosas mejor que nadie: asesinar y torturar. Asesinaron más de 100 millones de personas y todavía hay quien los defiende y reproduce sus manifiestos. Se las dan de antinazis, cuando la Segunda Guerra Mundial fue iniciada gracias al pacto entre nazis y comunistas, entre Stalin y Hitler, atacando simultáneamente Polonia.

1 Herodoto

Debiste estudiar historia en el nocturno con pocoa luz, porque para asesinar y torturar se te olvidan las distintas religiones (y sus brazos ejecutores) que en el mundo han sido. Y sí, Stalin fue un grandísimo cabrón, no menos que Hitler, Mussolini o...Franco (no sé por qué, pero me da que no hay tanta aversión a este tipejo, ¿me equivoco o eres de los de la doble vara de medir?)

2 anonimo

¿Que narices tiene que ver Stalin con Franco, o incluso con Mussolini? Tienes razón. Estudie en el nocturno porque tenía que trabajar a la vez. Seguro que a ti te pagaron la carrera en diez años entre juerga y juerga. Mussolini fue un perfecto pardillo a la hora de asesinar y torturar comparado con Stalin. Y Franco no tiene nada que ver en el asunto. Que se sepa no montó ningún plan de exterminio masivo parecido al Gulag, ni se dedico a asesinar a los de su propio partido, sin ir más lejos.

3 Herodoto

No, se equivoca usted, 5 añitos y licenciado, 4 y doctor, no todos somos iguales, y con beca, mire usted. Juergas hago las que me sale de allí, no le voy a pedir permiso a usted. Claro que Franco no montó ningúm plan de exterminio masivo, claro que no: Menos Pío Moa y más seriedad, coño. Y claro, Franco y Mussolini no fueron dictadores como Stalin, claro que no. Si es lo que tiene la doble vara de medir.

4 anonimo

Yo creo que el dictador eres tu, ya ves. Un auténtico peligro público en busca y captura.

5 Herodoto

Claro, claro, excelente razonamiento, digno de un intelecto como el suyo. El peligro lo tiene quien demuestra sus evidentes carencias, ya lo decía su admirado Millán Astray. Si es que se les ve venir a leguas, Stalin sí, Franco no.