“Hai que seguir dando pasos cara a reunificación da Fruga e o SLG”

O presidente do sindicato agrario Fruga aborda nesta entrevista as eleccións aos consellos reguladores, que artellan boa parte do poder económico e político no rural. Xurxo Álvarez estima que presentarán listas conxuntas nun 90% das eleccións canda o tamén nacionalista Sindicato Labrego Galego (SLG). O eucalipto, o esperado novo plan forestal e a couza guatemalteca son outros dos temas desta conversa.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/06/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Vostedes xa anunciaron que están a traballar para que haxa candidaturas conxuntas nos consellos reguladores das denominacións de orixe entre os dous sindicatos de ideoloxía nacionalista, vostedes e o Sindicato Labrego Galego. Como van esas negociacións?

Mobilización da FRUGA
Mobilización da FRUGA | Fonte: GC

As negociacións van ben se non é no 100% dos Consellos Reguladores é nun 90% dos Consellos, onde participamos en forma de coalición electoral entre as dúas organizacións.

Xa pasaron os seus anos dende que rachou o SLG e naceu a Fruga. Indica este diálogo para os Consellos Reguladores que está aberta a porta a unha eventual reunificación?

Hai que seguir dando pasos nesa dirección é moito máis o que nos une, xa que nos problemas fundamentais do agro temos grandes coincidencias, en definitiva, hai que darlle tempo ao tempo.

Explíquelle a un neófito do sector agrario que importancia real teñen eses consellos reguladores.

Xurxo Álvarez , presidente de FRUGA
Xurxo Álvarez , presidente de FRUGA

Velar pola calidade e promoción dos produtos amparados baixo as denominacións de orixe dado que son produtos de gran calidade e ben acollidos no mercado, así os Consellos Reguladores tratan de defender os intereses do sector produtor e o sector transformador para así repartir os beneficios dun xeito equitativo.

Por que se tardou tanto, como 20 anos, en organizar eleccións ao Consello Agrario?

Tras 20 anos pensamos que realidade social, económica e política mudou substancialmente,Nese Consello Agrario incluso teñen representación organizacións que xa non existen e xurdiron outras novas como é o caso de FRUGA que non temos voz nin voto. Deste xeito o Partido Popular atópase moi cómodo sen apenas ter que dar explicacións da súa nefasta política para o agro e o medio rural galego. Esta situación entendémola como unha aberración democrática.,

Hai nada entrevistamos a  Manuel Marey  da Asociación de Produtores de Montes de Castroverde, ao fío dos supostos plans da Xunt apara limitar o eucalipto nalgunhas zonas do interior. Díxonos "Prohibir o eucalipto é unha medida cosmética para congratular ao electorado urbano desinformado”. Que lles parece esta afirmación? 

Descoñezo os intereses deste señor para realizar tales afirmacións, pero non creo que sexa moi construtivo chamarlle desinformados a unha parte da cidadanía galega polo lugar onde viva, ademais as cidades construíronse con xente que marchou do rural, nin creo que sexa moi construtivo promover o enfrontamento entre persoas polo lugar da súa residencia, dende logo non vou ser eu que alimente ese tipo de debates, . Por último, quero destacar que tradicionalmente o eucalipto non foi unha árbore moi ben vista que se diga pola poboación do rural, outra cousa é que nos últimos anos o deterioro e abandono da agricultura pois está provocando cambios na mentalidade da poboación.

Cal é a postura da Fruga sobre a plantación de eucalipto nos montes galegos?

Dende o goberno galego non se está facendo un debate correcto e profundo ao respecto desta cuestión, onde observamos como Feijóo dá bandazos dun lado a outro máis pendente dos intereses partidarios que do país, onde pasa o tempo é non se concreta nada de nada. Facemos a seguinte reflexión, que pasaría se mañá ENCE pecha as súas portas? Cuestión esta nada descartable se temos en conta a gran contestación social que esta industria ten na poboación da súa contorna, ou que teña que pechar por problemas económicos ou de calquera outra índole. Que lle facemos logo a todos eses millóns de toneladas de eucalipto? Por certo xa ninguén fala de pechar o ciclo do papel, xa que cómpre recordar que en ENCE faise a pasta de papel pero o papel faise en países centroeuropeos. Isto xera moito emprego e non é tan contaminante.  Por outro lado tamén nos consta que dende sectores de industria da madeira que traballan con outras especies que non son o eucalipto, e dicir, castiñeiro, piñeiro, están ollando con certa preocupación a expansión do eucalipto deste xeito tan desmesurado e polo tanto está ocupando nichos que tradicionalmente eran ocupados por outras especies. Logo tamén hai que destacar que o eucalipto fai que os incendios sexan moito máis virulentos, perigosos e moito máis difíciles de apagar. Pensamos que fai falla un novo plan forestal, ao que Feijóo fai referencia constantemente pero non sabemos nada del, e que sexa consensuado con todos os axentes sociais implicados, industria, propietarios, ecoloxistas, organización agrarias, sector turístico… O eucalipto ten que estar supeditado a unha ordenación do territorio coherente onde temos que apostar pola multifuncionalidade do monte e a todas luces que o goberno Feijóo non está a altura das circunstancias, adicándose unicamente a facer anuncios.

Moitos sectores agrarios, nomeadamente o do viño, sufriran enormes perdas este año polas xeadas desta primavera. A Xunta respondeu as peticións de axudas directas prometendo créditos, pero insistindo que a única solución real é que os produtores contraten seguros agrarios. Que lles parece este argumento?

Os seguros agrarios non cubren economicamente os danos por xeadas, xa que habería que adaptar eses seguros a nosa realidade pero claro iso sería para o vindeiro ano.

Que lle diría á Xunta logo?

En primeiro lugar hai que recriminarlle á Xunta de Galicia é que aínda a día hoxe non ten cuantificado e valorado a superficie afectada, para facer unha cuantificación aproximada das perdas económicas e polo tanto que impacto vai ter na economía da zona este problema. En segundo lugar, os créditos dos que fala a Xunta de Galicia é un negocio para os bancos e o que defendemos é axudas directas, aprazamentos dos pagos dos créditos pendentes polo menos durante un ano así como aprazamentos nas cotas da seguridade social.

Outro sector de actualidade é o da pataca, debido a couza guatemalteca. Cren que as medidas do Goberno conseguirán eliminar o parásito ou limitar a súa expansión? 

Chegou a couza, non se tomaron as medidas de maneira rápida e a pasou de dous concellos a 35 concellos, baixo o noso punto de vista é unha medida que chegou moi tarde por deixadez da Consellería de Medio Rural e do Gobernos de Feijóo. De todos os xeitos que continúen coas medidas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

5 BIEITO LOBEIRA

Coido que é a primeira nova positiva que tivo o nacionalismo en Galicia dende o ano 2012, trala ruotura do BNG, espero que no ámbito político vaian tomando nota os aparatos, xa que as veces as maquinarias dos partidos van por un camiño pero as súas bases, simpatizantes e votantes van por outro camiño. UNIDADE, UNIDADE E UNIDADE. Un cordial saúdo

4 NON A EXPAÑA NON A PODREIROS

Non a lidia chiripas a bruxa de apócimas e antivacinas, deu nun analises dos mexos cheos de glifosfatos!!!! e non e engano pois as orinas son o maior chivato do corpo human... NON SE MESTUREN OUTRA VEZ COA DELINCUENCIA DE PODREIROS DE EXPAÑA, sacrifican o viño galego e o leite polo aceite andaluz e polas laranxas de valencia!!!!

3 Borja Mari

A los nacionalistas de la esquinita de la piel de toro mucho les gusta escindirse y volver a arrejuntarse .

2 Razamondelle

Os sindicatos, tanto os de operarios cono os agrarios (operarios que á vez son pequenos propietarios), son unha farsa sistémica. Van a chupar, a prioridade é trincar e colocar (o secundario, os traballadores). E, entre eles, NON HAI DIFERENZA: non só se xuntan os de obediencia nacionalista, todos unidos na Ribeira Sacra, repartíndose os postos, todos chupan e non se enfrentan (perigo: podían quedar fóra), o presidente da DO vitalicio, os membros do consello tamén, as eleccións unha farsa, evítanse no seu afán "democrático", así foi desde o comezo, así seguen agora e para o futuro: http://www.lavozdegalicia.es/notici...

1 Parada do Sil

Os sindicatos son pezas dun sistema corrupto, o contrapunto útil e domesticado. Sendo a afiliación ridícula ou inexistente no rural (en algúns casos son simplemente clientes de xestorías barateiras e chafalleiras), os médios sábeno, pero disimulan, non atacan (son a Voz do mesmo sistema corrupto). E na Ribeira Sacra o escándalo é maiúsculo, a pantomima dos sindicatos repártense os postos e rinse da democracia. E os partidiños calados, todo queda na casa. Indecencia e trincadores do público!!! A democracia dos pelotas!!!

1 Mejuto Confidencial

Reunificar o que? Foron os da Fruga os que se escindiron do SLG seguindo ordes da Upg cando perderon a maioría e, polo tanto, o control. Se se queren "reunificar", o que teñen que facer é disolverse e volver pedir a entrada no SLG.

1 Xoanc

Hahhaahah. Por esa regla de 3, Martiño, Beiras, Aymerich... teñen que integrarse e diluirse no Bloque? Estades fatal. Se hai colaboración no mundo nacionalista será porque nós o facemos posible sen mirar a Madrid. Moito troll de Unidos Podemos-CCOO hai por estes lares

2 comunista independentista

Se se queren "reunificar" é porque o Bloque-UPG fracasou estrepitosamente co chiringuito este da Fruga. Nin máis nin menos.

3 Ulrike M

Martiño, Beiras, Aymerich... superaron o BNG de longo. Non así a Fruga-Upg. Eis o matiz.