As diferencias no BNG da Coruña provocan a saída de Tello

O actual voceiro do BNG na Coruña e tenente de alcalde da cidade, Henrique Tello, anunciou este martes que non será o vindeiro candidato desta formación as municipais do 2011.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 25/05/2010 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

Ainda que as razóns aducidas por Tello son de "índole persoal", o certo é que detrás desta decisión atópase unha situación case de guerra civil na agrupación nacionalista da Coruña. 

E é que tal e como vimos contando en GC, as grandes diferencias existentes entre os distintos colectivos nacionalistas fan imposible un acordo para que Tello continuara como candidato. E a punta deste conflicto viviuse no pasado Consello Nacional cando, cos votos a favor da UPG, decidiuse non abrir un periodo extraordinario para regularizar a situación de moitos militantes que non tiñan actualizado o pago de cotas, máis de 30 na Coruña.

None

Con todo, e a pesar das diferencias, Tello tomou a súa decisión "en contra" da opinón dos seus achegados e sen ter en conta presións da UPG nin do que queda de +G.  "Foi unha decisión persoal. Leva moitos anos en política e xa estaba canso", apunta un destacado militante coruñés.

Dous pactos

Unha decisión que inflúe, e moito, na conformación das listas coruñesas xa que sen eses votos, a corrente de Tello, apoiada por Encontro Irmandiño e unha parte de Máis Galiza, pode ser derrotada por outra alianza encabezada pola UPG co apoio de outro sector de +G. De feito, o pacto entre +G e a UPG ten provocado a baixa de algúns militantes da formación que lidera Carlos Aymerich, entre eles, Antón Tenreiro.

Segundo as fontes consultadas, o denominado "tellismo" contaba co apoio dun sector de Máis Galiza próximo ao quintanismo. Entre este sector atopase o ex deputado Pablo González Mariñas ou o ex secretario xeral de Relacións Institucionais, Xoán Antón Pérez Lema.

Diferencias na rede

As friccións de +G tamén teñen o seu eco na rede. Así, o blogueiro e militante nacionalista Antón Tenreiro explica as razóns dese "pacto contra natura" entre a UPG e +G e apunta que as "razóns oficiais" aparecerán no "blog oficial" de +G, en alusión a renovarobng.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

3 Benchosei

PROBES, O MARIÑAS E O XOAN ANTON, tanto monta monta tanto. Que fajan unha colecta para que poidan pajar as cotas que disque non teñen cartos. Ten collos istes que levan toda vida chupando do bote e ainda non pajaban os OITO euros. A verdade e que son probiños de necesidade.

1 lobo

Propoño que se abra unha conta pra poder axudar a estes "militantes" a pagar a sua cuota, vainos nesto a pluralidade de seguir fodendo ó BNG

2 chaparello

Agora resulta que os erros son culpa de quen os sufre o non de que os provoca. Non son pufentos, é o aparato que non vale nin para cobrar as cuotas.

3 Paquito

NOn Mariñas non pagaba oito euros -daquela serían seis, non?-, exactamente pagaba cen veces máis.

2 ermitas

Que triste espectáculo e que pena que non se lle recoñeza a Quique Tello a súa valía dentro do BNG. O BNG segue en caída libre

1 saña

menos mal que para-caidas xa temos a Beiras

2 raña

Beiras non caeu, tirouno a SAÑA da UPG

3 Ghallegho

Tranqui que os traballades para o PP xa teredes recompensa.Dentro de pouco volveredes a cantar:"el demonio a la oreja te está diciendo;deja misa y rosario y sique durmiendo.Ave,ave........

1 Xelo

Xa pode estar contento Antón Tenreiro, xa debe estar coa cana preparada a ver se apaña algo