Temas: AGRICULTURA

O SLG esixe á Xunta axudas polas xeadas

O colectivo agrario alerta que o Goberno nin calculou o impacto das baixas temperaturas esta primavera. Por iso pídelle que asuma dunha vez as súas competencias.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 07/06/2017 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

Cando xa pasou un mes dende a sarabiada que arrasou boa parte dos viñedos de Valdeorras, e algo máis dende as fatídicas xeadas de finais de abril que estragaron vides por toda a xeografía galega, a Consellería de Medio Rural segue sen facer públicos os datos sobre os danos sufridos, tanto no sector vitícola coma noutros como o da mel e o da castaña; e sen crear axudas que realmente axuden ao sector a recuperarse.

O Sindicato Labrego Galego denuncia que neste tempo, a Consellería de Medio Rural tentou "enganar á sociedade galega reiteradamente co seu mantra de que o asegurable non é subvencionable”. A central argumenta que "os seguros agrarios, especialmente en sectores como o da horta ou o vitícola, non teñen nada que ver coa realidade do noso país e das nosas explotacións, polo que precisamente estes sectores, a día de hoxe, non son asegurables pola desidia e ineptitude da propia Administración; e, polo tanto, diante de crises como a provocada polas xeadas e as sarabiadas, a Administración é responsable de paliar as perdas como xa fixo o ano pasado na Ribeira SacraW.

Sindicato Labrego Galego, Fruga, UUAA, Asociación de Viticultores do Ribeiro, Asociación de Produtores de Castaña de Viana, viticultores de Monterrei, de Valdeorras, do Ribeiro e da Ribeira Sacra levan meses demandando medidas como a "creación dunha liña de axudas directas semellante á que se creou para apoiar aos viticultores e viticultoras da Ribeira Sacra afectadas pola sarabia en 2016" e a "condonación das cotas á Seguridade Social, como mínimo durante seis meses, e rebaixas no IRPF para os labregos e labregas afectadas".

Protesta en Ourense para reclamar axudas polas xeadas
Protesta en Ourense para reclamar axudas polas xeadas

A xeada dana o viñedo nunha adega en Ourense
A xeada dana o viñedo nunha adega en Ourense
Temas: AGRICULTURA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta