“Perdemos o medo a gañar e facernos cargo”

Barcelona acolle esta fin de semana un “Encontro Municipalista Internacional”. Boa parte da esquerda mundial -representantes de 46 países e 180 cidades, segundo a organización- está reunida alá para “construír redes de esperanza solidariedade e esperanza fronte ao odio, os muros e as fronteiras”.

Por Galicia Confidencial | Barcelona | 10/06/2017 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

Dende Galicia, acudiron os alcaldes de varias cidades gobernadas polas coalicións, Santiago e A Coruña, entre outros.  Xulio Ferreiro, edil da Coruña, reivindicou o cambio político que supuxo para a esquerda a chegada ao poder de candidaturas como a da Marea Atlántica. 

Noriega na súa intervención no encontro das Cidades Sen Medo
Noriega na súa intervención no encontro das Cidades Sen Medo

“O noso foi unha batalla contra o medo, hai dous anos perdemos o medo a ganar e a facernos cargo, a dalrlle a volta as nosas cidades, por arriba o que estaba abaixo e dentro o que estaba fóra”, dixo no acto político. Na súa opinión "a política e o desexo de igualdade son as barricadas máis poderosas contra o fascismo”

Tamén Martiño Noriega, alcalde de Compostela, incidiu na necesitade de que a esquerda non teña medo a gobernar. O representante de Compostela Aberta trazou as raíces do cambio en Galicia ao movemento Nunca Máis.  

"Non tivemos medo cando tivemos que recoller o chapapote nas nosas praias. Non tivemos medo cando centos de milleiros berramos Nunca Máis!. Non houbo medo cando o Estado desapareceu e xurdíu a nación cívica, unha marea de dignidade e enchemos as prazas de indignación colectiva!", argumentou dende o estrado.

O acto de onte de “Ciudades sen medo, redes globais de refuxio e esperenza” rematou cos alcaldes sobre o escenario cunha pancarta crítica coa política negacionista de Donald Trump sobre o cambio climático.  

Xulio Ferreiro na súa intervención no encontro das Cidades Sen Medo
Xulio Ferreiro na súa intervención no encontro das Cidades Sen Medo

O evento serve como reivindicación do papel das candidaturas de confluencia despois de dous anos de que chegaran ao poder en moitas localidades. Tamén busca tecer redes globais entre opcións políticas deste tipo, feminizar a política e frenar a extrema dereita.

Alcaldes ao final da xornada do venres do encontro das Cidades Sen Medo
Alcaldes ao final da xornada do venres do encontro das Cidades Sen Medo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

7 comunista independentista

É non convidaron a Lores? Claro, o alcalde vitalicio de Pontevedra só vai a lugares que non baixen de Catar, Dubai, Doha, Emiratos...

1 Tranquilo meu

Tamén van ser vitalicios os vosos externalizadores ti tranquilo que xa as enquisas de Don Santiago din que ides sacar moitos votos rebeldes nas próximas

6 xode

A máquina de vender fume segue traballando, mais xa ninguén merca ese fume...

5 fora mareantes españolizantes

OS ALCALDUCHOS ESPAÑOLISTAS HOXE EN CATALUÑA A FACER LERRUXISMO, A FACER EXPAÑA, A LOITAR CONTRA A SOBERANÍA DA NACIÓN CATALANA. Os galegos de ben no Obradoiro con Cataluña e o seu referendum.

1 Sesees

Olvídese vostede dos ideais dos políticos. So queren poder e cartos. E os políticos catalans non son a excepción. Mais poder e mais cartos, e o que non os teña que vaia pedir.

4 Alberte

Falangistas 4.0: Unide-vos!

3 Ramiro de Yoli

E non está o alcalde rebelde que fuma na bañeira ?

1 Mejuto Confidencial

Hai un alcalde rebelde que fuma na bañeira? Iso é gravísimo! Hai que facer unha comisión de investigación para aclarar ese asunto xa!