Sanidade asegura que o proxecto de decreto de localización de novas farmacias atende a "criterios obxectivos"

A Consellería de Sanidade asegurou este mércores que o proxecto de decreto para definir o novo mapa farmacéutico recolle "estritamente" os criterios establecidos na Lei de Ordenación Farmacéutica para fixar a nova delimitación territorial.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2017 | Actualizada ás 20:10 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade asegurou este mércores que o proxecto de decreto para definir o novo mapa farmacéutico recolle "estritamente" os criterios establecidos na Lei de Ordenación Farmacéutica para fixar a nova delimitación territorial.

Así o asegurou o departamento da Xunta despois de que a Federación de Farmacias de Galicia (Fefga) recomendase, co fin de "evitar novas perdas de rendibilidade e máis problemas de viabilidade", modificar os criterios de apertura de novas boticas "cara a parámetros de viabilidade e confrontalos coa realidade económica actual".

Despois de 10 anos sen introducir ningunha modificación, dixo a Xunta, abórdase agora "a posibilidade de novas aperturas en zonas nas que se rexistrou un incremento de poboación".

As previsións realizadas pola consellería correspóndense con zonas urbanas ou semiurbanas nas que desde 2007 deuse un aumento da poboación, ou con casos nos que se produciron vacantes. "En todo momento, a consellería tivo en conta os cocientes de poboación previstas na lei para fixar a nova delimitación territorial que agora está sometida ao trámite de exposición pública para que se poidan achegar alegacións ou suxestións ao seu contido", apostilou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta