O comité de empresa de Seaga en Pontevedra aplaude o fallo en favor das familias dos brigadistas mortos

Cre que a sentenza "constata falta de coordinación" no servizo, "moi dividido" entre administracións e empresas

Santiago de Compostela | 15/06/2017 | Actualizada ás 18:51 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O comité de empresa de Seaga en Pontevedra, a sociedade pública de servizos agrarios galegos para a que traballaban os dous brigadistas mortos no incendio forestal de Fornelos de Montes de 2010, aplaudiu o fallo en favor das súas familias, que obriga á Xunta a incrementar as indemnizacións por considerar que houbo responsabilidade patrimonial por demora na chegada dunha motobomba.

En declaracións a Europa Press, un membro deste comité, Xosé Ignacio Magariños, que participou no seu día nas homenaxes aos falecidos, celebrou "todo o que sexa que gañe a familia", que no seu día estivo "moi triste polo trato que recibía da Xunta".

Por iso, afirmou que el e os seus compañeiros están "contentos", aínda que a xustiza non recoñeza a totalidade das contías que reclamaban os pais e irmáns de Xulio Martínez e Rodrigo Amo.

Neste sentido, Magariños lamentou que "á administración cústalle pouco unha morte". Pero, a pesar de todo, valorou que os aumentos poden servir para "mitigar algo máis a perda".

CON PROTOCOLOS ADECUADOS "NON PASABA ISTO"

Por outra banda, o integrante do comité de empresa de Seaga na provincia pontevedresa interpretou que a sentenza "constata falta de coordinación" dun servizo, o da loita contra o lume nos montes de Galicia, "moi dividido" entre administracións e empresas.

"Se os protocolos fosen tan adecuados, non pasaban estas cousas", criticou, en referencia a un dos puntos que contén o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta