Temas: HUMOR RAJOY

Un estudo explica por que os deputados do PP aplauden cando Rajoy di estupideces

Científicos do CSIC dan coa resposta ao porqué do aplauso dos deputados do PP cando Rajoy constrúe frases sen sentido.

Por GcToday | Madrid | 20/06/2017 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

Despois de diversos estudos teóricos, estudos de campo, observacións do hábitat dos parlamentarios e varios miles de gráficos, ecuacións e estadísticas, un grupo de científicos do CSIC acaba de dar coa resposta que explica que os deputados do PP aplaudan cando Rajoy solta frases inconexas, estúpidas e sen sentido.

Fotomontaxe coa frase de Rajoy durante a moción de censura
Fotomontaxe coa frase de Rajoy durante a moción de censura | Fonte: temposgalegos

“Os deputados do PP son uns palmeros e tan gilipollas como Rajoy”, comentan con convicción absoluta.

Os estudos indican que ningún deputado do Partido Popular está atento ao descurso do seu líder e iso implica que aplaudirán calquera intervención no momento exacto que está marcada o que provoca que, dende as bancadas do PP se poidan celebrar frases con unha gramática extraterrestre do tipo: “Cuanto peor, mejor para todos. Y cuanto peor para todos, mejor. Mejor para mí el suyo. Beneficio político” ou as anteriormente coñecidas “Es el alcalde el que quiere que sean los vecinos el alcalde”,  “Los españoles son muy españoles y mucho españoles” ou “ETA es una gran nación”.

Mariano Rajoy e Cristobal Montoro
Mariano Rajoy e Cristobal Montoro
Temas: HUMOR RAJOY
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta