Por Galicia Confidencial | Outes | 23/06/2017 | Actualizada ás 13:10
Nun comunicado, Comisión Obreiras critica á Xunta porque “só informase a través dos medios de comunicación”. A mesma crítica que remitiron á prensa os pais e nais do CEIP Navasqües, indignados pola decisión e que chaman á mobilización.
A central sindical carga contra a suposta mala fe da Administración, por comunicar o peche en vacacións e cando os pais xa formalizaron as matrículas para o próximo ano. CCOO-Ensino pide a dimisión do director xeral responsable desta situación, ou ben que o conselleiro o destitúa xa.
Os afectados non só os escolares e as súas familias. Hai moitos mestres que non saben onde traballarán no vindeiro curso. A central ofrécelle o seu asesoramento. Á Xunta, CC.OO. dille que “anteriores modificacións na rede de centros xa foron revogadas por diversas resolucións xudiciais”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.