Por Galicia Confidencial | A Coruña | 31/07/2010 | Actualizada ás 00:42
Non pasou nin unha semana da desaparición dun dos míticos xornais galegos na rede para que outro se aproveite da súa desgracia e titule que ten acaparado a parte dos seus lectores. "La desaparición de Vieiros está produciendo la llegada de nuevos lectores a Xornal.com·", sinala.
Así, deestaca que Xornal tivo un repunte en xullo, "especialmente durante los últimos días, coincidiendo con el Día Nacional de Galicia y con el cierre de Vieiros". un feito que provocou que "en varios momentos de este mes se colocase de tercero en Galicia, aunque en la media acumulada sigue siendo cuarto".
Ademais suliña que Xornal era un dos medios preferidos polos lectores de Vieiros. "A los lectores de Vieiros podían gustarle, por este orden, las páginas de Xornal.com, El Correo Gallego, Xunta de Galicia, Faro de Vigo, Galicia Hoxe, Galicia información, Galicia Suroeste, A Peneira, A Nosa Terra, Galicia Viva y el Concello de Ferrol".
Alexa&EGM
Con todo, non todo son boas noticias para o dixital da Coruña que destaca que perdeu un 1% das súas visitas logo do peche de Chuza. Unha situación que contrarestou coa chegadas de novos visitantes procedentes de Vieiros.
Xornal asegura que sigue sendo o cuarto diario dixital de Galicia. "Este diario digital se mantiene así como la habitación de Galicia, según la auditora Alexa.com, tras La Voz de Galicia, Faro de Vigo y El Correo Gallego". Precisamente, utiliza as estadísticas de Alexa para facer estas comparativas, xa que, tal e como lle ten recriminado La Voz de Galicia, non está presente no EGM.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.