Temas: METALURXIA FOLGA

Os paros consolídanse na cuarta xornada de folga do metal na Coruña, cun seguimento masivo

Representantes sindicais constatan peches "totais" en grandes empresas do sector nunha xornada marcada polas manifestacións

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2017 | Actualizada ás 12:29

Comparte esta noticia

Representantes sindicais do sector do metal ratificaron que, na cuarta xornada de folga na provincia da Coruña, os paros "consolidáronse", cun seguimento "masivo" e peches "totais" en grandes empresas. O sector do metal vive este mércores outra xornada de folga na provincia e faino con outras tres datas xa fixadas polos sindicatos: para os xoves 13, 20 e 27 de xullo. Ademais, a xornada está marcada por varias manifestacións. Desta forma, os traballadores pretenden presionar á patronal na negociación para renovar o convenio colectivo, que leva sen actualizarse desde 2014.

Manifestación do metal do martes 27
Manifestación do metal do martes 27 | Fonte: Europa Press

Aínda que se produciron avances na negociación, segundo recoñeceu José Furtado, membro da comisión negociadora coa patronal de CC.OO., aínda hai varios "atrancos".

Entre eles, aludiu á subrogación do persoal das subcontratas, á inclusión das auxiliares de Navantia no convenio do metal ou o freo ao que consideran abusos das mutuas.

A CORUÑA, FERROL E SANTIAGO

CC.OO. destacou o "éxito" desta cuarta xornada de folga no sector do metal, cos paros "consolidados" desde primeiras horas. Igual que nas anteriores xornadas de folga, a actividade está "completamente parada" nos polígonos industriais.

O secretario comarcal da CIG-Industria da Coruña, Eduardo Caamaño, ratificou que a siderometalurxia coruñesa apoia "masivamente" o paro, que volveu pechar as grandes empresas de maquinaria pesada, taller e reparación.

En Ferrol, fontes sindicais ratifican o "éxito" da xornada. En ningún dos dous casos fan constar "incidencias" destacables.

En Compostela, o paro tamén se consolidou " totalmente", segundo o secretario de CIG-Industria da comarca, Benedicto Blanco, quen incidiu no peche de todas as grandes empresas como Castrosua, Noya Móbil e Arteal, e xunto a elas concesionarios e talleres.

Blanco só apuntou a que algúns centros "máis pequenos" abriron debido á "presión" sobre os traballadores.

Temas: METALURXIA FOLGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta