Temas: CITROëN

Sindicatos destacan un seguemento "case total" da folga informal en PSA Citroën

Denuncian que a empresa utilizou a traballadores doutras quendas para cubrir as vacantes motivadas polo paro dos seus compañeiros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2017 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

A xornada de folga 'informal' convocada este sábado en PSA Citroën de Vigo está a ter un seguemento "case total" entre os traballadores, segundo detectaron os sindicatos, que informaron, ademais, de "irregularidades" detectadas.

Planta de PSA Citroën en Vigo
Planta de PSA Citroën en Vigo | Fonte: citronoticias.com

En declaracións a Europa Press, o representante de CUT, Vítor Mariño, lembrou que a convocatoria deste sábado --previa á oficial do próximo-- era informal, pero que, aínda así, o seguimento "é case total".

A adhesión ao paro está condicionada polo feito de que parte do persoal ten obrigatoriedade de asistencia, mentres que entre os que non a teñen "o seguimento é total".

A maiores, os sindicatos alertaron de que a empresa recorreu para cubrir as vacantes motivadas polo paro a traballadores aos que non correspondería entrar na quenda de mañá deste sábado, dado que "terminaron a súa xornada laboral do venres ás 22,00 horas" e "non descansaron as 12 horas" que establece a normativa como mínimo.

Por iso, e ante o risco de que se repitan estas "irregularidades" o día 15, os sindicatos porán en coñecemento da Inspección de Traballo a situación destes traballadores, "moitos deles eventuais ou con contratos precarios".

Do mesmo xeito, a ausencia nos seus postos dos "titulares dos postos", informou Mariño, está a provocar "moitas paradas por problemas de calidade" nos vehículos fabricados. "A empresa está a tentar romper o bloqueo baixando a calidade", criticou o sindicalista, que apelou á "responsabilidade" da firma.

Temas: CITROëN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

coas cousas de comer NON se xoga... Portugal xa está a frotarse as mans e eiquí aínda ninguén sufriu unha verdadeira DESLOCALIZACIÓN deste tipo de empresas... A ver si cos 400 que están de baixa na casa a van pagar os da folga do sábado ??? Sentidiño pouco, pero que dure... Non estaremos a por o carro diante dos bois ?

1 galegoexiliado

Xa están a aplicar o que o sr Nuñez aprendei na sua viaxe á China: A COMPETITIVIDADE, 12 horas de traballo por un plato de arroz.