Delio, podio en Austria

O ciclista moañés Delio Fernández, do Delko-Marseille Provence KTM, remata segundo na clasificación xeral do Tour de Austria, a só 41 segundos do gañador, o austríaco Stefan Denifl.

Por gcdeportes | Vigo | 08/07/2017 | Actualizada ás 18:36

Comparte esta noticia

Excelente o rendemento de Delio Fernández no Tour de Austria, un dos seus obxectivos da campaña. O ciclista moañés rematou segundo, só superado polo austríaco Stewfan Denifl. O galego, na súa segunda campaña no Delko-Marseille Provence KTM, foi segundo lugar na clasificación xeral a 37 segundos do vencedor da proba.

Delio Fernández, no podio xunto ao gañador Stefan Denifl.
Delio Fernández, no podio xunto ao gañador Stefan Denifl. | Fonte: @Delko_MP_KTM

Foi unha semana moi regular do ciclista galego, sempre nos postos dianteiros. Delio conseguiu entrar 11º na primeira etapa marcada polo vento e ascendeu ao top-10 xa na segunda tirada. Tras chegar quinto na etapa raíña con final no Kitzbüheler Horn, o moañés colocouse segundo na xeral, a tan só 41 segundos do líder, o austríaco Stefan Denifl.

Delio foi sexto na quinta etapa do venres, unha esixente xornada de 212 quilómetros, pero laiouse de non poder poñer en apuros o líder, a quen aventaxou en tan só catro segundos na meta. Na sexta e última tirada, Delio entrou 20º, marcado de preto polo seu rival, Denifl, que entrou 21º.

Delio Fernández, que estivo dúas semanas concentrado na estación de montaña de Cabeza de Manzaneda para preparar esta proba, resumiu ao pouco de rematar no seu facebook a súa participación no Tour de Austria:

“2° en la general del #tourofaustria
Fueron 1118 km de batalla por las carreteras austríacas superando grandes puertos, calor, viento y hasta algún chaparrón.
Después de unas buenas sensaciones en la Dauphiné y una posterior concentración en #estaciondemontaña #Manzaneda, llegaba en el mejor momento de forma y con confianza.
No fue fácil, hubo que superas los cortes provocados por el viento del primer día, sufrir cuando las sensaciones no eran las mejores, agonizar en el kitzbüheler, dosificar fuerzas, atacar cuando el rival flaqueaba...
Al final, satisfecho por el 2° puesto en la general, felicitar al ganador por ser el más fuerte y agradecer el trabajo, apoyo y confianza en mi de mis compañeros”.

Clasificación final:
1 Stefan Denifl (Aqua Blue Sport) 27h:10:07
2 Delio Fernandez (Delko – Marseille Provence KTM) a 37 segs.
3 Miguel Angel Lopez Moreno (Astana Pro Team) a 59 segs.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta