Dedican unha rúa ao garda civil asasinado nun atentado do Exército Guerrilheiro en Irixoa

Oza-Cesuras, de onde era natural, terá unha rúa ao garda Benedicto García Ruzo, que morreu o 14 de xullo de 1989 con 45 anos, deixando unha filla de nove. O vindeiro xoves tamén se lle renderá unha homenaxe.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 08/07/2017 | Actualizada ás 21:44

Comparte esta noticia

O Concello coruñés de Oza-Cesuras dedicará unha das súas rúas ao garda civil asasinado o atentado que o Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceibe perpetrou en Irixoa en 1989.

Deste xeito, o vindeiro sábado 15 de xullo celebrarase un acto público na praza do Concello no que se descubrirá unha placa co seu nome: 'Rúa do Garda Civil Benedicto García Ruzo'. En concreto, este garda civil, tal e como indicou o Consistorio nun comunicado, era natural de Oza dos Ríos (A Coruña).

O pleno aprobou esta primavera a proposta da Alcaldía na que se solicitaba aos grupos políticos "o apoio ao recoñecemento deste servidor público polo seu asasinato en acto de servizo a mans dos terroristas".

A rúa que cambiará de nome para honrar ao garda civil asasinado será a que vai desde o Concello de Oza-Cesuras ata a Escola de Música. Desta maneira, o alcalde do municipio, Pablo González Cacheiro, convida os veciños a que participen o vindeiro sábado na homenaxe, apoiando deste xeito á familia do "cabo honorario e fillo do municipio" Benedicto García Ruzo.
ATENTADO DE IRIXOA DE 1989

García Ruzo, que tiña 45 anos e era pai dunha nena de nove anos, foi asasinado a tiros na estrada de Irixoa o 2 de febreiro de 1989. Pola súa banda, o seu compañeiro, Antonio Pérez Freire, resultou gravemente ferido no atentado.

Portada dun xornal co asasinato dun garda civil por parte do Exército Guerrilheiro
Portada dun xornal co asasinato dun garda civil por parte do Exército Guerrilheiro

Lugar do atentado contra un garda civil en Irixoa no 1989 por parte do Exército Guerrilheiro
Lugar do atentado contra un garda civil en Irixoa no 1989 por parte do Exército Guerrilheiro
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

1 Miguel Anxo F.

Ben feito