Os dobres graos de Matemáticas con Física e con Informática da USC, carreiras con maior nota de referencia

As carreiras que presentan unha maior nota de referencia nas tres universidades galegas son o dobre grao de Matemáticas con Física e o de Enxeñaría Informática e Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, nas cales os alumnos deben obter unha media de 13,466 e 13,226 puntos, respectivamente para poder cursar estes estudos.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2017 | Actualizada ás 16:58 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

As carreiras que presentan unha maior nota de referencia nas tres universidades galegas son o dobre grao de Matemáticas con Física e o de Enxeñaría Informática e Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, nas cales os alumnos deben obter unha media de 13,466 e 13,226 puntos, respectivamente para poder cursar estes estudos.

Acto Inaugural Do Curso Universitario 2011-2012 Da USC
Acto Inaugural Do Curso Universitario 2011-2012 Da USC | Fonte: Europa Press

O Campus de Santiago de Compostela é o que presenta unhas notas de referencia máis elevadas, segundo a listaxe feita pública pola Comisión Interuniversitaria de Galicia, posto que conta cun total de 16 titulacións que superan notas de 10 puntos.

As seguintes carreiras da USC con maior puntuación esixida son o dobre grao en Comunicación Audiovisual e Xornalismo, que en principio conta cunha nota de referencia de 12,942; seguida de Medicina, con 12,575; os dobres graos de Química e Física, con 12,390, e de Química e Bioloxía, con 12,296; así como Odontoloxía, con 12,15.

No Campus de Lugo, a cualificación máis elevada corresponde a Veterinaria, con 11,066, seguida do grao de Mestre en Educación Infantil e Educación primaria, con 10,68.

Na Universidade da Coruña, as notas medias máis altas son o dobre grao de Bioloxía e Química, cun 11,95 e o de ADE e Dereito, cun 11,086. No campus de Ferrol, Enfermaría cun 9,7 é a máis elevada.

Pola súa banda, na Universidade de Vigo, a puntuación superior vólvea presentar Tradución e Interpretación Español-Inglés, con 11,812, seguida de ADE-Dereito, con 10,95, mentres que no seu Campus de Ourense, Enxeñaría Aeroespacial esixe unha cualificación de 11,78 e no de Pontevedra, para acceder a Fisioterapia pártese dunha nota de 10,806.

MATRÍCULAS

Estas notas feitas públicas pola CIUG constitúen unha referencia, dado que a nota de corte establécese cando se peche matrícula. O último alumno matriculado dunha carreira é o que marca a nota de corte.

O primeiro prazo de matrícula estará aberto ata as 14,00 horas do día 14. En total, hai oito convocatorias para matricularse nas universidades galegas.

A preasignación de prazas quedará resolta para tres destes prazos no mes de xullo, onde a CIUG espera que xa quede matriculado unha porcentaxe "moi alta" de estudantes, que podería alcanzar o 80%. Posteriormente, haberá outros tres prazos en setembro e finalmente, outros dous en outubro.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 BigBangAnxiety

Algún día haberá que falar dos invisibilizados problemas de saúde mental que sofren os estudantes de Física na USC. Namentres, a soñar con Sheldons Coopers...