GC Aberto

Un si claro e responsable a Porto Cabral de CxG

Compromiso por Galicia é a única forza política en Vigo que apoia Porto Cabral

Por ENGALIZA | GC ABERTO | 15/07/2017

Comparte esta noticia

Os galeguistas de CxG, entenden que o investimento que roldaria os 700 millóns de euros, é moi beneficioso para a cidade, axudando a freando o desemprego e atraendo novos habitantes, o que pode servir tamén para axudar a frear a importante crise demográfica. A forza galeguista exixe a “En Marea” e BNG, a aclarar dunha vez se están unicamente en contra da proposta de ubicación actual, ou realmente están en contra do importante proxecto empresarial para a cidade de PORTO CABRAL nunha actitude irresponsable que só perxudica aos vigueses.

En palabras do responsable local do partido en Vigo, Daniel Lago, “O noso futuro como cidade que quere ser centro dunha Eurorexión de perto de 6,000,000 de habitantes, pasa de maneira inexcusable por iniciativas desta natureza que sirvan como pólo de atracción á nosa cidade de millóns de visitantes”. Tamén referiuse às inquedanzas que sobre o comercio local pode ter a implantación dunha nova area de ocio e comercial na cidade: “Nós apostamos por unha nova estrutura nos centros das cidades, fundamentada no cambio de modelo do comercio tradicional, baseandonos no modelo de comercio europeo, un comercio que non é unicamente distribuidor de produtos de grandes multinacionais, é un comercio local, de proximidade, que deixa empregos e plusvalias na nosa sociedade. Sacando as grandes distribuidoras do centro da cidade é a única maneira de liberar locais para que os empreendores locais poidan acceder a situar os seus negocios nas rúas mais comerciais; ofrecendo produtos novidosos e exclusivos. Se ben, claro está temos que ofrecer alternativas viables e espazos a esas grandes distribuidoras multinacionais”. Para levar adiante o proxecto, é fundamental o fomento dun novo modelo de comercio na cidade, cunha oferta diferenciada baseada na industria de proximidade e nos produtores locais e con forte apoio das institucións públicas: tanto concello, como deputación e Xunta. O plano de cidade, agora que non existe PXOU, con toda a inseguridade xurídica que está a provocar e a imposibilidade de concretizar moitas inversións; moi necesarias para a nosa cidade; pode facer viable o recurso á Xunta neste tipo de proxectos.

Desde CxG mostramos o noso claro compromiso co proxecto, pero tamén sinalan, que dentro do Concello existen outros ámbitos que poderian ser aptos para a instalación do macrocomplexo de ocio e comercial. Por iso sinalan, que seria positivo, por exemplo o desenvolvemento do proxecto nos antigos terreos do grupo GEA en Cabral. “Se o problema é coa ubicación do proxecto que o digan, se o problema é simplemente co proxecto e non sirve ningunha ubicación; entón falamos xa doutra cousa moi diferente, sería un irresponsable non polo non dos de sempre” A forza galeguista invita a “En Marea” e a BNG, a aclarar dunha vez se están unicamente en contra da proposta de ubicación actual, ou realmente están en contra do importante proxecto empresarial para a cidade nun non polo non. Desde CxG invita tamén ao Partido Popular como forza maioritaria na oposición no concello de Vigo a situarse claramente sobre o tema e a deixar a indefinición. Por último chama ao goberno municipal a acelerar o PXOU, xa que estanse a frear e a desacelerar moitos e importante proxectos de desenvolvemento en Vigo, coa conseguinte perda de postos de empregos reais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Otero

Manda uevos coa nosa dereita capitalista. Seguide así, que chegaredes lonxe.

1 Gamela

e por qué non pedides o CESE fulminante do Secretario Xeral do Eixo Atlántico para ir retirando atrancos no camiño da EuroRexión ?

1 Gallaético

Unha boa pregunta. Pero quen sustenta a este señor, por chamarlle algo, na poltrona tantos anos? Por que non se celebran eleccións ou outro tipo de maneiras para sustituir a quen se apalancou a´´i, cun soldo de película, que pagamos todos e a ninguén lle preocupa. como non é candidato a nada deixano estar vexetando pero cobrando ben