Temas: FRAGA

O PPdeG homenaxerá a Fraga polo seu "galeguismo aberto"

Critica as "fantasías independentistas e nacionalistas" e a Beiras e Anova por traer a Galicia a representantes de Bildu e das CUP.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2017 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

O PPdeG celebrará este ano o Día de Galicia realizando unha ofrenda floral na localidade lucense de Vilalba en homenaxe ao "galeguismo aberto, centrado e responsable" do fundador do partido, Manuel Fraga Iribarne, fronte ás "fantasías independentistas e nacionalismos que copian ao populismo".

Miguel Tellado homenaxe a Manuel Fraga
Miguel Tellado homenaxe a Manuel Fraga | Fonte: Europa Press

Así o anunciou o secretario xeral, Miguel Tellado, que apuntou que a ofrenda terá lugar este venres, día 21, ante o busto de Manuel Fraga na súa vila natal e que nela participarán, ademais del, o presidente de Novas Xeracións, Diego Gago, a presidenta provincial, Elena Candia, e o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy. O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, non poderá acudir por "problemas de axenda".

Con este acto, o PPdeG continúa co seu proxecto de aproveitar o Día de Galicia para "honrar a figuras" que consideran "clave" na "construción" da identidade galega e que "contribuíron a facer de Galicia" o que é hoxe en día.

"Nos tempos que vivimos, de fantasías independentistas e nacionalismos que queren copiar aos populismos, resulta máis necesario que nunca reivindicar un galeguismo aberto, cordial, centrado e responsable", dixo Tellado, que apostou por unha ideoloxía como a de Manuel Fraga, que "sexa capaz de mirar ao exterior" en lugar de "encerrarse" e que "non busque a confrontación, senón a cooperación cos territorios".

Para Miguel Tellado, hai "moitos máis galegos" que se identifican cos posicionamentos e figura de Fraga Iribarne que os que se sitúan xunto a "as persoas ás que homenaxearán outros partidos".

Neste sentido, mencionou a Anova e Xosé Manuel Beiras, que "traerán aos seus amigos da CUP e de Bildu para tentar copiar a algo tan pouco relacionado cos intereses dos galegos como o secesionismo vasco e catalán".

Tellado aventurou que "haberá moita xente que nalgún momento apoiou ás Mareas de Podemos" que "non debe estar conforme con que no seu partido se dividan entre os que o seu único interese é aventurarse en proxectos separatistas e os que o seu único interese é converterse en tresmileuristas, despois de tentar ter chofer e secretaria no canto de traballar por Galicia e polos galegos".

En contraposición, o PPdeG aposta por "parecerse á Galicia real, traballar por ela e seguir honrando aos que traballaron por ela antes", como é o caso de Manuel Fraga.

Temas: FRAGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

4 Penando

Y lo recibio Fidel Castro. El sobre todo en sus ultimos tiempos sabia muy bien el momento historico en que vivia y tender una mano a sus oponentes ideologicos. Incluso se reunia con Beiras. Lastima que en su partido hayan olvidadi sus logros y vosotros solo recordeis sus errores.

3 Penando

Por lo menos tenia una idea propia de Galicia y no las pedia prestadas en la Complu. Y no precisaba de cientos de asesores para saber q decir. Lo que os duele es que el a su manera amara a Galicia

2 Cheira a Xeira

Amañamos fácil 🥊🥊

1 Josman

Reapareceu o bulldog, onde o tiveron agochado http://www.laopinioncoruna.es/espan...