Por Galicia Confidencial | A Coruña | 20/07/2017 | Actualizada ás 11:20
Tras varias negociacións, o Banco Popular (agora Santander) voltou a pedir no Xuzgado de Betanzos que se fixara unha nova data para o lanzamento da vivenda deste matrimonio de Sada. O xuzgado fixou o lanzamento para o 14 de setembro e denegou a moratoria ó desafiuzamento, seguindo a mesma liña argumental que empregou o banco porque, afirman, non se cumplen os requisitos de vulnerabilidade, sen especificar en ningún momento cales son eses requisitos incumplidos.
Ademais, como tampouco cabe opción de recurso contra a resolución que denega a moratoria, a avogada que defende a familia soamente pudo presentar un recurso de apelación. “Os nosos compañeiros acusan á entidade de actuar de mala fe o negarlles información e están á espera da resolución do recurso fronte o lanzamento e a apelación, mentres que o xuiz considera que non hai lugar á nulidade de actuacións limitándose a afirmar que non se produciu indefensión”, apuntan desde Stop Desafiuzamentos A Coruña.
Por iso, convoca unha concentración, este venres 21 de xullo ás 12:30 horas, diante do Banco Popular do Cantón Grande para evitar este novo desafiuzamento. “Esiximos a paralización deste desafiuzamento e facemos un chamamento a toda a cidadanía para que mañá mostre o seu apoio os nosos compañeiros”, apuntan nun comunicado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.