Acusan a Inditex de contribúir a “diluír a acción sindical” en países como Brasil ou Bangladesh

Unha investigación presentada na revista 'Sociologias' da Universidade Federal do Rio Grande do Sul advirte de que a compañía de Amancio Ortega "levou até as últimas consecuencias a estratexia corporativa do fast fashion" ao "promover a terceirización e precarización das relacións laborais". Nesta estratexia, a discriminación por xénero tamén é fundamental.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/08/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A organización da cadea produtiva do sector téxtil, a escala global, presenta características que "impactan negativamente na organización dos traballadores do sector". Neste contexto, Inditex é a compañía que "levou até as últimas consecuencias a estratexia corporativa do fast fashion" ao "promover a terceirización e a precarización das relacións de traballo"; unha estratexia "mimetizada por outras grandes empresas que procuran gañar competitividade coa redución de custos na organización das súas cadeas de produción". Esta é a conclusión principal dun estudo presentado na revista brasileira Sociologias, asinado por João Paulo Cândia Veiga, da Universidade de São Paulo (USP), e Katiúscia Moreno Galhera, da Universidade Estadual de Campinas (UNICAMP).

Traballadora da subcontrata de Zara
Traballadora da subcontrata de Zara

Precisamente, Brasil é un dos focos máis polémicos para o grupo que lidera Amancio Ortega, pois é neste país onde xurdiron varias denuncias por explotación laboral na cadea de produción de Inditex que conduciron a sancións a esta multinacional impostas polas autoridades federais brasileiras.

O estudo, titulado 'Ação coletiva transnacional na cadeia de confecção do vestuário e a questão de gênero' coincide coa recente medida punitiva que o Ministerio Público do Traballo lle impuxo a Zara Brasil, non tendo outra opción que asinar un novo Termo de Ajustamento de Conducta (TAC) para erradicar condicións de explotación laboral detectadas nas instalacións nas que se produce roupa para a marca galega. O certo é que Inditex incumprira un primeiro acordo de 2011 tras detectarse traballo escravo nas súas factorías, polo que o novo documento amplía a responsabilidade xurídica da empresa en caso de constatación de traballo análogo ao escravo ou traballo infantil na súa produción. Así mesmo, a empresa terá que investir 5 millóns de reais (uns 1,37 millóns de euros) en proxectos sociais. 

Á par que volveu emerxer a polémica sobre a explotación laboral nas fábricas de Inditex no terceiro mundo e nos países en vías de desenvolvemento, Cândia Veiga e Moreno Galhera achegan unha análise sobre o modelo sindical nas transnacionais do téxtil, con Inditex como máximo expoñente dun modelo que terminou por afogar a acción sindical nesta industria en países como Brasil ou Bangladesh.

"Como a cadea produtiva é transnacional, e o sector é intensivo en traballo, son os traballadores do Sur Global os que máis sofren as consecuencias negativas da globalización do téxtil. Con todo, esa narrativa é so unha parte da historia. As dificultades dos traballadores en promoveren accións colectivas están ligadas á forma de organización do traballo, particularmente, a como a cuestión de xénero impacta nas respostas sindicais ás violacións sociais e laborais", expoñen os autores, que ademais de por como paradigma a Inditex enfocaron a súa análise desde a perspectiva das mulleres, o elo máis débil nesta cadea.

Refuxiados sirios traballan como ilegales e sen protección nunha fábrica de roupa de Mango e Zara en Turquía. Imaxe da reportaxe 'Undercover: The Refugees Who Make Our Clothes'
Refuxiados sirios traballan como ilegales e sen protección nunha fábrica de roupa de Mango e Zara en Turquía. Imaxe da reportaxe 'Undercover: The Refugees Who Make Our Clothes' | Fonte: BBC.

Os autores plantexáronse unha pregunta: "Por que é tan difícil a organización colectiva de trabalhadores na cadea do sector da confección de roupa?". Co obxectivo de responder a esta cuestión, analizarron as posibilidades e limites da acción colectiva dos traballadores deste sector e discutiron os procesos de *transnacionalización sindical na confección da roupa", utilizando como caso de estudo o holding Inditex, propietario de Zara.

"No sector téxtil, ao contrario doutros sectores, a acción colectiva sindical se diluíu en arranxos institucionais a partir de iniciativas multistakeholder".

SEN REPRESENTATIVIDADE

Os investigadores brasileiros consideran que "os traballadores deste sector afrontan un problema de acción colectiva ligado aos límites de súas propias capacidades de representatividade" e conclúen no seu traballo que "no sector téxtil, ao contrario doutros sectores, a acción colectiva sindical se diluíu en arranxos institucionais a partir de iniciativas multistakeholder que acaban por promover procesos decisorios de cúpula, con implementación do tipo top-down, sen a influencia e participación dos traballadores de base, exactamente aqueles que experimentan a precarización e a violación dos dereitos sociais e laborais na cadea de produción da roupa", argúen.

É dicir: "Como resultado do non empoderamento dos traballadores, os procesos de transnacionalización sindical do sector son arranxos institucionais de cúpula, baseados en procesos decisorios máis pechados, de arriba cara abaixo (top-down)".

Neste sentido, os autores salientan que "esas formas de transnacionalización non contan coa ampla participación de traballadores de fábricas, pequenos talleres de costura ou mesmo de sindicatos de alcance local/rexional e son resultado dese illamento".

Para os investigadores universitarios brasileiros, fronte a esta situación de desamparo, a situacion "sería mellor se os propios traballadores do téxtil puidesen construír de abaixo cara arriba a súa propia institución de representación política".

"Ese esforzo faría que as grandes empresas repensasen as súas estratexias competitivas e a organización da cadea produtiva podería ser articulada para promover dereitos e mellorar as condicións de traballo de millóns de traballadoras e traballadores do Sur Global", reivindican os autores do estudo.

Para substentar a súa análise e conclusións, os autores da investigación traballaron con datos obtidos dunha pesquisa de campo realizada entre 2013 e 2014, mediante entrevistas a 72 traballadoras bolivianas das factorías de roupa na cidade de São Paulo e a diferentes stakeholders, grupos focais e unha pesquisa observacional, ademais da consulta de documentos e bibliografía. Tamén se substentan na observación participante no movemento de muleres inmigrantes en São Paulo, entre 2012 e 2017, da Marcha Mundial das Mulleres, entre 2013 e 2016, e do movemento estudantil en defesa dos dereitos dos traballadores do sector analiado United Students Against Sweatshops (USAS), en Pensilvania (Estados Unidos), entre 2015 e 2016.

A participación nestes grupos xustifícase polo acesso a informacións doutros actores sociais, ademais dos propios traballadores, nas demandas pola xutiza social nas cadeas de produción de roupa, en especial após o accidente na capital de Bangladesh, Daca, o 24 de abril de 2013, cando colapsou o Rana Plaza, un enorme edificio cheo de fábricas de roupa. 1.127 personas morreron e outras 2.437 resultaron feridas. A traxedia zarrapicou a Inditex, ademais de Benetton, Primark, DressBarn, Monsoon, The Children's Place ou El Corte Inglés. Todas elas subministrábanse desas fábricas, nas que se calcula que podían estar traballando uns 5.000 obreiros. Máis da metade das vítimas foron mulleres e algúns dos seus fillos.

"A produción de roupas baséase no traballo mal pagado e, frecuentemente, en condicións insalubres e degradantes para mulleres mozas e racializadas do Sur Global".

PERFIL DAS TRABALLADORAS PRECARIZADAS 

Os autores do estudo son rotundos sobre a dramática situación que viven especialmente as mulleres nas factorías do téxtil: "A produción de roupas baséase no traballo mal pagado e, frecuentemente, en condicións insalubres e degradantes para mulleres mozas e racializadas do Sur Global. Precarización e condición de xénero son, por tanto, dúas razóns que concorren para explicar a dificultade de acción sindical no sector. É importante apuntar que tamén existen limitacións atinentes ás estratexias sindicais para afrontar esta situación".

"A variável de xénero, por permear a industria de confección de roupa , é importante no deseño do tipo de man de obra que antecede arranxos sindicais internacionais e institucionalizados. Con todo, desde xa, é importante reforzar que, dentro da categoría clase traballadora, existen subcategorias que definen a institucionalidade setorial e, por consecuencia, os arranxos institucionais sindicais internacionais. Sábese da desigualdade de xénero no mercado de traballo e das diferenzas sectoriais. O que argumentamos é que o xénero importa no mercado de traballo, principalmente se é conxugado con outras variabades dentro da categoría de clase traballadora", argúen os investigadores.

Os responsables deste estudo observaron que as traballadoras máis precarizadas son mulleres que "non son de raza blanca, brancas, sen contratos nn papeis, mozas, de zonas rurais, con baixa escolarización e do Sur Globa". Esas mulleres participan moi pouco ou nada de instancias de decisión e poder sobre os seus propios futuros, sexan empresas, gobernos, Estados, ou até mesmo sindicatos e asociacións profesionais. Noutras palabras, "o traballo da muller, en especial da traballadora pobre, moza, inmigrante e racializada do Sur Global, é unha importante variábel que inflúe indirectamente o deseño da acción sindical transnacional".

Para describir esta situación global destácase o caso da empresa Zara, "un icono das mudanzas polas cales pasa o sector téxtil a escala global" no que parece cumprise a hipótese de que "o xénero axuda a explicar a dificultade dos traballadores en promoveren a acción colectiva e elixiren representantes que trasladen os seus intereses de forma independente", explican os autores.

Os investigadores puideron detectar que a cuestión do xénero nas fábricas de Inditex en Brasil "combina a dimensión fabril da produción de roupas coa experiencia subxectiva de organización doméstica do lar por parte das mulleres traballadoras"; dúas dimensións que "operan dentro das sweatshops [talleres de explotación laboral] que fornecen a Zara en São Paulo", aseveran.

Estas mulleres traballadoras "non están a conseguer a promoción dun movemento de base e empoderado para a construción dun suxeito colectivo (un axente), sindicato ou outro actor colectivo que poida vocalizars os seus intereses e encamiñar solucións", sentenzan.

"A forma de organización da cadea de roupa, por ser altamente precarizada, ofrece incentivos para a violación de dereitos sociais e laboais". 

VIOLACIÓNS DE DEREITOS SOCIAIS E LABORAIS

Os autores da investigación argumentan finalmente, tras analizar o caso Inditex, que "a forma de organización da cadea de roupa, por ser altamente precarizada, ofrece incentivos para a violación de dereitos sociais e laboais por conta da alta mobilidade e da presión permanente por redución de custos". Ademais, expoñen que "particularmente no caso da roupa, a variábel xénero desempeña un papel importante para explicar a dificultade da acción colectiva sindical no sector".

En definitiva, "a produción de roupas baséase no traballo mal pagado e, frecuentemente, desenvolvido en condicións insalubres e degradantes por parte de mulleres mozas e racializadas do Sur Global. Precarización e condición de xénero son, polo tanto, dúas razóns que concorren para explicar a dificultade de acción sindical no sector". Con todo, din, "e importante apuntar que tamén existen limitacións atinentes ás estratexias sindicais para afrontar esta situación". 

DOUS CASOS QUE COMPROMETERON A INDITEX

Os autores afondan no seu estudo en dous polémicos casos que evidenciaron as faltas de garantías que teñen os traballadores das factorías que producen para Inditex e outras compañías do sector: a traxedia do edificio Rana Plaza e o caso dos talleres clandestinos en São Paulo.

Para Cândia Veiga e Moreno Galhera, estes "gardan un trazo en común: paradoxalmente, os traballadores afectados non participan, en ningún momento, do proceso de toma de decisións para a mellora da governanza e da regulación, do monitoramento de medidas de saúde e seguridade e, mesmo, de denuncias de traballo análogo á escravitude, en relación ás empresas e autoridades envolvidas na constitución dos hubs locais da cadea de roupa". 

O primeiro caso analizado polos investigadores aconteceu o 24 de abril de 2013, cando esborrallou o edificio Rana Plaza, en Savar, rexión metropolitana de Dhaka, en Bangladesh. O edificcio acollía a uns 5.000 traballadores da confección de roupas para grandes marcas do fast fashion (moda rápida, ou de usar e tirar), como Zara/Inditex, Gap, J.C. Penney, entre outras. O colapso do edificio resultou en 1.129 mortos e uns 2.500 traballadores feridos, maiormente, mulleres, migrantes de áreas rurais, mozas, racializadas, que recibían arredor de 45 dólares mensuais. A traxedia ten sido, frecuentemente, comparada a accidentes industriais de enorme impacto como Chernobyl, na Ucraína (1986), e Bhopal, na India (1984).

O segundo caso aconteceu no Estado de São Paulo, Brasil, o 16 de agosto de 2011, cando pequenos talleres clandestinos de Inditex foron investigados e intervidos con traballadores en condicións de traballo análogo ao escravo. Os talleres subministraban pezas exclusivamente para Zara. Alí constatouse que os traballadores eran privados de liberdade: había retención de documentos por parte dos empregadores, tráfico de persoas (de Bolivia e do Perú), contratacións ilegais, xornadas esgotadoras, servidume por débeda e traballo infantil. De acordo coa pescuda de campo destes autores, os traballadores bolivianos en sweatshops de São Paulo recibían aproximadamente 705 reais mensuais para xornadas de 13 horas diarias (uns 121 euros ao cambio), ou 1,7 reais por peza (0,46 euros). Estes traballadores son, maioritariamente, homes e mulleres mozos, inmigrantes ilegais, racializados en estatus inferiores. Zara foi obrigada a asinar un Termo de Ajuste de Conduta (TAC) en 2011, o cal non cumpriu, polo que as autoridades brasileiras lle impuxeron un novo TAC este ano e máis sancións recentemente.

Malia detectarse un alto nivel de precarización laboral nos talleres de Brasil, o certo é que se puxo en marcha unha acción da Administración federal para garantir os dereitos dos traballadores, algo impensable en Bangladesh. De feito, os propios autores deste estudo salientan as diferenzas entre un caso e outro: "A situación dos sweatshops en São Paulo corresponde a un contexto enteiramente distinto de Bangladesh. Obsérvase unha maior regulación social e laboral no Brasil: os sindicatos de traballadores son institucións recoñecidas e, durante os gobernos de Lula da Silva, foron creados incentivos para cohibir as peores formas de violación dos dereitos laborais, como o traballo análogo á escravitude (a Lei 10.803, de 11 de decembro de 2003) e a Lista Negra, que busca expor os empregadores que cometen violacións laborais. Desa forma, no Brasil, existe un maior poder do Estado, en comparación con Bangladesh, ao fiscalizar e punir irregularidades no eido laboral, cun maior grao de independencia entre mercado e Estado e de poder dos sindicatos", argumentan.

Os casos de Bangladesh e São Paulo presentan, polo tanto, "dúas situacións e contextos distintos". En Bangladesh tense "unha traxedia global que impacta todas as partes interesadas, provoca unha crise de elites coa abertura dunha xanela de oportunidades á participación da sociedade civil, que se consubstanciou nun novo arranxo institucional local multistakeholder", mentres que no caso de Brasil hai "eventos xeradores (sanción das violacións) que forman parte do enforcement, polo Estado, das regulamentacións laborais", aportan os investigadores.

Estes dous casos estudados permiten afirmar que "onde o Estado posúe os instrumentos de implementación da lei, e se o enforcement for robustecido pola sociedade civil, os resultados tenden a ser positivos e indican que Zara tivo as súas operacións no Brasil «disciplinadas». Por esas características, a presenza sindical analizada fíxose importante, máis non decisiva, tanto na reparación das vítimas en Dhaka (Bangladesh), como na liberación de persoas en condicións análogas á de escravitude en São Paulo (Brasil) ou na elaboración de novos acordos-marco para a governanza transnacional da empresa", conclúese no estudo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 galegoexiliado

Podo afirmar e afirmo, que nin un solo céntimo dos beneficios da ONG-ZARA saiu do meu peto. Lamentable que a ONG-ZARA olvidara financiar a citada universidade, como si fai coa prensa e universidades expañolas, mais que nada pa que falen ben dela.

2 Breogán

Home!!! Todo o mundo sabe que a fortuna do Amancio e outros moitos que están no cumio da piramide económica está feita por mor de moito traballo que chega a semi-escravitude e non tan lonxe na Galiza tamén. Logo con escoitar unha misa e facer unha doación todo perdoado.

1 KÓMEME LA

Denigrar hasta aniquilar, que decía Lenin. Inditex contrata la producción con un empresario, y en esos países cuenta con gente que inspecciona las fábricas porque una irregularidad, con las ganas que le tiene la ultraizquierda, puede suponer una campaña de desprestigio. Pese a todos los esfuerzos, a que rescindan contratos con empresarios que no pudieron hacer el trabajo que se les encargó en un tiempo más corto del que se les daba; pese a que lo rescindan cuando visitan las fábricas de los contratistas y no encuentren máquinas necesarias para el trabajo y este aparezca hecho; pese a que construyan escuelas para evitar que los niños trabajen en casa y no paguen a los padres sin un certificado de asistencia al cole... Pese a todo ello, a veces se la cuelan, y lo sé de primera mano por haberme tirado a gente que controlaba y tenía información de primera mano sobre el tema, así que menos difamar, que no cuela.

1 transando a reo

"y lo sé de primera mano por haberme tirado a gente que controlaba y tenía información" --- Pode explicar isso? Esses coitos que voce tem cá gente que controlaba.

2 diosquevosfixo

Claro home, que responsabilidade ten Inditex se os proveedores --que mira ti que é mala sorte que estean en Bangladesh, China e Vietnam co lonxe que queda-- explotan traballadores. E que estes da esquerda radical como son, eh? Dito isto para os hooligans de Inditex, hai cousas nesta info que non son certas. Ou polo menos, Inditex desmentiu algunha delas.