O Abalar desgasta máis a Jesús Vázquez

O conselleiro de Educación, foco das críticas polo 'decreto do plurilingüismo', incapaz de dar unha data de entrega dos 14.000 computadores que adxudicou á consultora santiaguesa Coremain. O PSdeG aproveita este atraso para arremeter contra Feijóo no Parlamento, pero o presidente acusa a Pachi de mentir no pleno.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 15/09/2010 | Actualizada ás 13:04

Comparte esta noticia

O líder do PSdeG, Manuel Vázquez, atacou hoxe no Parlamento ao presidente polo flanco do dun “ensino menos galego, menos universal e menos público” produto, na súa opinión, da política do PPdeG.

Pachi centrou a súa ofensiva no polémico proxecto Abalar, os 14.000 computadores que Feixóo prometeu estarían listos na estrea do curso, pero que a empresa contratada, a santiaguesa Coremain, non foi quen de entregar a tempo.

Quen minte, Feijoo ou Pachi?

O secretario xeral socialista insistiu varias veces en que a Xunta favorece aos centros privados no reparto destas máquinas. Fíxoo con datos. “O 80% do programa Avalar vai a centros concertados” espetoulle a Feixóo no pleno desta mañá.

O líder conservador acusou ao opositor de mentir no Parlamento. Segundo Feixóo os centros concertados só representan o 33% dos institutos, 158 en total, que recibirán computadores.

O presidente insistiu moito neste dato, “que conste en acta” reiterou, nun intento de probar que Manuel Vazquez mentiu no Parlamento.

Posteriormente, o conselleiro de Educación compareceu para explicar o atraso. Jesús Vázquez defendeu da oferta pola que a consultora Coremain gañou o concurso. O mandatario, visiblemente nervioso, alegou que a culpa do atraso é dun “problema de abastecemento mundial” pola escaseza a pantallas multitáctiles.

Vázquez foi incapaz de fixar unha data para entrega das 14.000 unidades. O conselleiro apuntou que habería “medidas correspondentes” sobre Coremain polo seu incumprimento do contrato, pero non indicou que tipo de sanción lle aplicará.

O deputado Guillermo Meijón desglosou comarca a comarca os datos que lanzara antes Vázquez sobre a discriminación, puntualizando que eran para aulas de primarias . O PP replicoulle que ao final haberá 11.000 alumnos da pública con computadores, fronte a 4.000 das aulas privadas. Vázquez acusou a Meijón de non dar os datos de "cen comarcas" onde só se repartir trebellos en aulas públicas. En definitiva, algún dos dous partidos mente.

BNG e Coremain

Pola súa banda, Carme Adán (BNG) lembroulle a Vázquez que os mestres aínda non recibiron a formación para usar os computadores, malia que estaba prevista para setembro. Adán tamén denunciou "unha aposta clara pola privada" no reparto das máquinas.

Coremain é unha importante consultora galega, que obtivo un gran volume de adxudicacións dende o seu nacemento na era Fraga, especialmente no ámbito da Sanidade, e despois no bipartito. No polémico concurso do Programa Abalar derrotou a varias compañías multinacionais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

6 graodemillo

Este "consejero" Vázquez acada, cada día que pasa, superar o listón dos disparates e barbaridades ditas ou feitas por un so individuo. Faría rir a calquera se non fose polo mañoso que é destecendo o galego e todo o que sone a cultura.

5 saamasas

Pois si. Semella que mañá arrinca nos centros o proxecto Abalar. Se lle ha i que facer caso ás informacións que hoxe daba a TVG. Claro que, tamén na páxina de educación da xunta se indicaba que a formación dos dinamizadores do proxecto empezaba en maio. E creo estamos en setembro. Un auténtico desastre de xestión. Logo dirán que os docentes da pública non puxemos interese dabondo.

4 Cara main

Crise mundial de abastecemento de portátiles? E para o resto de CCAA non hai "crise mundial"???? O que pasa é que unhas determinadas especificacións técnicas (é decir, un portatil con disco duro de 500GB, 4 GB de RAM, etc) ten un valor nun determinado momento. Cando pasa ese momento, o valor baixa. E aí está gran parte do negocio, pois así Coremain pudo negociar o concurso case temerariamente á baixa (reducindo os marxes de beneficio do sector) para entregalos tarde, cando xa non teñen tanto valor e recuperando o marxe "perdido" inicialmente. Típicos trucos de Coremain, que mediante a sua filial GHS fixo de Gürtel para o PPdG grazas ás concesións de Asistencias técnicas polo goberno fraga, que chegaron ao número de case 200 asistentes (un 80% da plantilla desa "importante" consultora "galega"). Pero claro, Coremain é a empresa do Opus Dei

3 Raquel

Unha figura digna da antoloxía do disparate. Pasará á lembranza tamén polos seus modais mafiosos e despóticos e o seu parecido físico co personaxe paródico Herr Flick. O goberno autonómico segue o principio de Peter: "Nunha xerarquía todo empregado soe ascender ata o seu nivel de incompetencia". Non deixan de ofrecernos probas.

2 Pichel

GC, investigades e preguntádelles aos profesores que terán que coordinar o Abalar nos seus centros. Esta mañá foron a unha xuntanza en santiago e saíron moi cabreados. Na consellería inventan unha nova escusa: ralentizan o proceso para favorecer a formación do profesorado, pero a verdade é que non hai ordenadores. A formación que recibiron os coordinadores en xuño limitouse a unha "clase" teórica. Ademais, en moitos centros o informe técnico sobre a infraestrutura que habáa que xuntar á solicitude foi asinada por un... electricista!