Galicia rexistra varios lumes en 24 horas que queiman preto de 200 hectáreas

Galicia rexistrou en 24 horas varios lumes que arrasan polo momento preto de 200 hectáreas con incendios nas provincias de Ourense, Lugo e Pontevedra.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2017 | Actualizada ás 12:36 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou en 24 horas varios lumes que arrasan polo momento preto de 200 hectáreas con incendios nas provincias de Ourense, Lugo e Pontevedra.

Incendio forestal
Incendio forestal | Fonte: Europa Press

A partir da información que facilita a Consellería de Medio Rural nos seus partes --onde recolle datos de lumes de máis de 20 hectáreas-- desde o mediodía do luns producíronse sete incendios destas características en Galicia. A isto súmase outro iniciado o domingo pola noite en Negueira de Muñiz (Lugo) xa extinguido despois de queimar 31,6 hectáreas.

O último deles foi o declarado na parroquia de Castelo, en Guntín (Lugo), que afecta a 23 hectáreas --16 de árbores e 7 de monte raso-- e foi controlado sobre as 11,00 horas deste martes.

Os dous lumes que ocasionaron máis problemas foron os ocorridos nos municipios de Celanova e Gondomar, que se atopan controlado e estabilizado, respectivamente.

No caso de Celanova, na parroquia de Amoroce foi necesaria activar a 'situación 2' --xa desactivada-- por proximidade a núcleo poboado e o perigo existente para casas e inmobles.

Pola súa banda, en Gondomar producíronse varios focos simultáneos --crese que foi provocado-- nunha zona forestal de Peitieiros, chegando tamén ás áreas de Couso e Morgadáns, nun lume que alcanza polo momento as 20 hectáreas e que se atallou antes de estenderse ao Parque Natural do Monte Aloia.

OUTROS LUMES

Ademais, dous incendios diferentes afectan o Concello de Cervantes (Lugo) na parroquia de San Tomé de Cancelada que suman a cifra de 60 hectáreas calcinadas.

O de maior extensión ata o momento é do de Montederramo (Ourense), con 42 hectáreas queimadas --que está controlado--. Tamén na provincia ourensá hai un lume na Pobra de Trives, cunhas 20 hectáreas afectadas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta