Ocupan o Pazo de Meirás co apoio do Bloque

Un grupo de activistas ocupou esta mañá o Pazo de Meirás, pendurando faixas a prol da súa nacionalización. Entre eles hai dirixentes e militantes do BNG e das súas mocidades, Galiza Nova.

Por Galicia Confidencial | Meirás | 30/08/2017 | Actualizada ás 12:13

Comparte esta noticia

As organizacións nacionalistas están a promover a mobilización dende que empezou a acción, a media mañá, usando nas redes os cancelos  #OPazoeDoPobo  e #FranquismoNuncaMáis.

Ocupación do Pazo de Meirás
Ocupación do Pazo de Meirás

Estes mesmos slogans poden lerse nunha pancarta xigante pendurada na torre do Pazo entregado tras a Guerra Civil ao ditador Francisco Franco. Outra faixa reza “que nos devolvan o roubado! Franquismo: Nunca Máis!"

Dirixentes nacionalistas como o deputado Luis Bará, Rubén Cela (líder do BNG en Santiago) ou Anxo Louzáo (responsábel de ensino no sindicato CIG) están entre os encaramados ao tellado do polémico inmóbel.

A fronte non asumiu directamente a autoría da “ocupación simbólica”, senón que asegura que foron “activistas da memoria histórica” . Con todo, xustifícaa argumentado que “fronte ao fascismo e o espolio, un pobo en pé, que esixe reparación, verdade é devolución do roubado”. 

“A bandeira da Patria no alto da Torre de Meirás simboliza que hoxe o pazo é do pobo. Fóra franquismo da Galiza”, escribiu Néstor Rego, líder da UPG, o partido máis numeroso da fronte.

Cela (primeiro pola esquerda) e Louzao no tellado de Meirás
Cela (primeiro pola esquerda) e Louzao no tellado de Meirás | Fonte: Ruben Cela Twitter

Esta acción seguro que levantará moita polémica política. Chega nun intre no que a Xunta está nunha difícil situación, ao ceder a familia Franco a xestión das visitas a Meirás a Fundación Franco.

O colectivo fascista non se cortou xa en enarborar a cesión do Pazo para facer apoloxía do ditador e criticar aos familiares das vítimas do golpe de Estado. Ademais, neste agosto non se admitiron visitas, malia que ao ser Ben de Interese Cultural debe estar aberto polo menos certos días. A Xunta iniciou un expediente sancionador este verán á Familia Franco.

O PPdeG abriu onte a porta a tentar recuperar o Pazo para a Administración, pero de seguro que non estará de acordo coa ocupación deste mércores, por moi simbólica que sexa. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

9 Arraiano

O princípio do fim para os herdeiros e herdeiras do ditador. Meirás para o povo. O único e legítimo proprietário. Força Bloque!

8 anonimo

E todas estas persoas que falan aquí tirándolle méritos á acción polo feito de que a apoiou o bng que fan ao respeito? Ah claro... comentar na web!

7 ano nimo

¿Pero estes viñan a okupar Meirás ou a outra cousa? Digoo porque esta mañán, nas app de zorreo gay había uns cantos perfís que saían á altura de Meirás, e non eran os habituais que saen sempre.

6 Oleiros

Payasada bloqueira que debe ser considerada un acto delictivo como toda invasión no consentida de una propiedad privada. Si la alternativa a Franco era y es la asquerosa estrella roja de los regímenes comunistas, genocidas y asesinos como ninguno, se entiendo porque casí todos los gallegos de la época eran franquistas y porqué Franco tenía razón.

1 Leike

Ti non defenderías nunca unha alternativa a Franco; as túas palabras son claras: "Franco tenía razón"

2 Republicano galego

Xa que falas na lingua de Cervantes, faite chamar "Alfareros". Non manches o ilustre topónimo galego de Oleiros, de onde moitos galegos e galegas "da época" foron fusilados por non apoiar un réxime fascista e totalitario, simpatizante doutro que protagonizou o holocausto. Propiedade privada....Que valente é a ignorancia!! O Pazo foi roubado ó pobo de Sada. Coa tua declaración de "Franco tiña razón" estás a facer apoloxía do fascismo...(claro, como eres ignorante non o sabes...)

5 Phi Phi O'Sullivan

Os catro gatiños do bloque... Saiulles mal oh. Foi o BNG quen fixo BIC Meirás por "fastidiar" aos Franco e agora por esta metedura de pata andan frustrados e hai que tragar coa http://www.fnff.es/ ¿Cando van recoñecer que foi un erro --porque unha declaración de BIC para unha arquitectura do eclecticismo é insólita?